Sin Categoria
O CONCELLO DE PONTECESURES INSTA Á CONSELLERÍA DE SANIDADE A REPARAR AS FILTRACI?NS NO CENTRO DE SA?DE.
Dende o equipo de goberno queremos expresar o noso malestar polo estado lamentable que ofrece o noso centro de saúde. Dito centro aínda que fai uns anos ? de titularidade do Sergas esta totalmente abandoado. Nestes últimos días cando choveu encontramonos que estaba cheo de goteiras e filtracións. O cal produce unha merma no servizo que se lle dá aos veciños e un grave malestar entre os usuarios. Xa que non e de bo agrado ir o centro e encontralo cheo de cubos e panos secantes.
Por iso este equipo de goberno remitíu un escrito a Consellería de Sanidade para que coa maior celeridade posible arranxen todolos deperfectos producidos polas filtracións de auga. Para así poder dar un servizo aos veciños e usuarios deste centro nas condicións que se merecen.
Sin Categoria
PETICI?N DE REFORZO DE MEDIDAS DE SEGURIDADE CIDADÁ EN PONTECESURES
Nestes últimos meses este concello e en xeral toda a comarca están sendo abatidos por roubos, queimas de vehiculos e asaltos os cidadáns en xeral.
Dende o Concello de Pontecesures volveuse a reiterar a Subdelegación do Goberno a adopción de medidas para que haxa unha maior presenza das Forzas de Seguridade do Estado en tarefas de vixiancia e seguridade cidadá.
Sin Categoria
ARRANXOS NO CEMITERIO MUNICIPAL DE PONTECESURES
Nos últimos días, por parte dos operarios municipais, levaronse a cabo tarefas para o arranxo e adecentamento do cemiterio municipal de cara ao vindeiro día de defuntos:
-Pintado da reixa e pasamáns.
-Limpeza integral e adecentamento das zonas axardinadas.
-Reparación do alumeado.
-Soleiras de formigón para a entrada dos servizos.
-Limpeza da capela e colocación de flores con motivo do dia de defuntos.