Entroido 2012 Pontecesures.

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o 19 de febreiro de 2012. As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. o Desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela.

O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

Bases:

As inscricións de grupos poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 17 de febreiro nas Oficinas do Concello. O resto de participantes poderá anotarse tamén no mesmo día do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.

Este ano o Concello de Pontecesures repartirá un total de 1.945 ? en premios. Ca novidade de que o grupo ou comparsa gañadora levará un premio de 600 ?.

No seguinte enlace pódense consultar as bases completas do Entroido 2012 do Concello de Pontecesures:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=291

 

Clases de lingua inglesa no CPI Pontecesures

O alumnado do CPI PONTECESURES de 4º-5º e 6º de Educación Primaria está recibindo clases de conversa en lingua inglesa os xoves pola tarde, en horario extraescolar.

As clases que se imparten en grupos que non superarn os 10 alumnos/as queren incidir no obxectivo de mellorar a competencia oral en lingua inglesa , tanto en comprensión coma en expresión.

As clases son impartidas por profesorado do CPI.

Reciclando móbiles, velando polos dereitos humanos

Campaña de recollida de móbiles no CPI Pontecesures

O equipo de dinamización da biblioteca do CPI PONTECESURES impulsa a campaña ??recicla o teu móbil? impulsada por AMNISTÍA INTERNACIONAL que chegou a un acordo con MOVILBANK para que a reciclaxe sexa tamén un xesto de apoio e defensa dos Dereitos Humanos.

As finalidades concretas da campaña son: a) recadar fondos que contribúan á defensa dos Dereitos Humanos; b) que se reutilicen os terminais; c) que se reciclen as súas compoñentes respectando e medio ambiente; d) que se reduza a demanda de compoñentes coma o coltán, mineral que está xerando conflitos armados en países como a República Democrática do Congo.

Nesta campaña vanse respectar os estándares de reciclaxe e respecto polo medio ambiente e realizaranse en plantas habilitadas para tal fin en Europa. Vélase polo estrito cumprimento das normativas de xestión ambiental.

Reparación do alumeado no peirao de Pontecesures

Tras as xestións feitas polo equipo de goberno ante Portos de Galicia pola avaría do alumeado no paseo marítimo de Pontecesures, co conseguinte perxuizo para tódolos cidadáns que disfrutan desa zona, no día de hoxe a empresa Inelga,  enviada por Portos de Galicia, escomezou o arranxo da devandita avaría.
Entre o día de hoxe e mañán a empresa espera que o problema quede totalmente subsanado.