Sin Categoria
Horarios dos partidos dos equipos de Pontecesures da xornada do 3 e 4 de decembro.
Premendo no seguinte link pódense descargar estos horarios en formato PDF:
http://pontecesures.org/recursos/CUADRANTE_PARTIDOS_3_E_4_DECEMBRO.pdf
Sin Categoria
O CPI de Pontecesures xa dispón de catro aulas dixitais.
O 24 de novembro de 2011 procedéuse á instalación do material necesario para converter as aulas de 6º de Educación Primaria e de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria en aulas dixitais, conforme á planificación do Plan Abalar da Xunta de Galicia, que se insire dentro do proxecto estatal Escuela 2.0.
Isto representa un paso máis na integración das Tecnoloxías da Información e Comunicación na práctica cotiá das aulas, nunha resposta aos desafíos que se presentan ante a tarefa educativa nestes tempos de velocidade dixital.
Con esta actuación, o CPI PONTECESURES conta xa con catro aulas dixitais, dotadas de conectividade a internet, pizarra dixital, ordenador, e un portátil para cada alumno e alumna.
Isto significa que se avanza, pouco a pouco, cara a un novo modelo de ensino e aprendizaxe no que a cultura dixital será requisito indispensable e reformulará a relación cos hábitos tradicionais que deberá converxer nun diálogo fructífero, xa que neste eido, nada hai máis moderno que saber ler e comprender o mundo no que vivimos.
Sin Categoria
Horarios dos partidos dos equipos de Pontecesures para o 26 e 27 de novembro.
Premendo na imaxe pódense ver os horarios, ou premendo no enlace pódense descargar en formato PDF:
http://pontecesures.org/recursos/CUADRANTE_PARTIDOS_26_E_27_NOVEMBRO.pdf
Sin Categoria
Posta en funcionamento do novo alumeado da Rúa Calera.
O equipo de goberno do Concello de Pontecesures informa a tódolos veciños que o vindeiro venres 25 de novembro entrará en funcionamento o novo alumeado da Rúa Calera. Esta obra, que tivo un orzamento de 51.067,60 ?, estivo enmarcada no PID (Plan de Inversións da Deputación de Pontevedra) e foi comezada o pasado 10 de outubro. Así pois, dende o goberno municipal queremos manifestar nosa satisfacción pola posta en marcha desta nova instalación.
Sin Categoria
Horarios dos partidos dos equipos de Pontecesures do 12 e 13 de novembro.
Descargar estos horarios en formato PDF:
http://pontecesures.org/recursos/CUADRANTE_PARTIDOS_12_E_13_NOVEMBRO.pdf