Excursión á Feira Internacional de Turismo Termal «Termatalia 2011» do Concello de Pontecesures.

 

O Concello de Pontecesures está o organizar unha viaxe á Feira Internacional de Turismo Termal TERMATALIA 2011 para o vindeiro domingo 25 de setembro. A viaxe inclue:

  • Viaxe de ida e volta en autobús.
  • Entrada á feira.
  • Visita guiada á feira.
  • Visita turística á cidade de Ourense, percorrendo o casco histórico e as termas.
  • Xantar nun restaurante da cidade de Ourense.

Saída dende o Coche de Pedra (Rúa San Lois) ás 9.00 da mañá e chegada estimada ás 21.00 da noite.

Esta excursión está aberta a todos/as os/as veciños/as de Pontecesures, habendo 50 prazas dispoñibles.

O prezo por persoa é de 10 ?.

A inscrición faráse nas oficinas centrais do concello, entregando no momento os 10 ? da cota de inscrición.

O prazo de inscrición é dende o 14 ata o 20 de setembro.

As prazas para esta viaxe asignaránse por rigoroso orde de inscrición.

 

Recollida selectiva de aceites vexetais usados.

Dando cumprimento á Lei 10/1998 de residuos, o Concello de Pontecesures ten en funcionamento dende o ano 2006 un servizo de recollida selectiva de ACEITES VEXETAIS USADOS procedentes de frituras, tanto do ámbeto doméstico como dos establecementos hostaleiros; para evitar que estes residuos sexan verquidos xunto co resto das augas residuais co conseguinte aumento da contaminación.

Este servizo de recollida é levado a cabo pola ASOCIACI?N PLATAFORMA POLO EMPREGO de Santiago de Compostela que recolle os aceites vexetais usados de todo o termo municipal de Pontecesures para a súa valorización posterior nunha planta de biodiesel; e esta recollida NON SUP?N NENG?N COSTE PARA OS VECI?OS.

Por isto recordase a tódolos veciños que a recollida estase a levar a cabo do seguinte xeito:

? Os domicilios particulares: Cada veciño pode levar o seu aceite usado ás instalacións do Concello na nave da Escola Obradoiro sita na Rúa Pousa Antelo (ao lado da Gardería) onde un operario municipal se encargará de recoller o aceite, no caso de estar pechada a instalación é suficiente con deixar o recipiente co aceite vexetal usado a carón da entrada; posteriormente será recollido por persoal do concello para almacenalo ata a súa recollida por parte da ASOCIACI?N PLATAFORMA POLO EMPREGO. Teléfono de información da nave Escola Obradoiro: 616 349 175.

? Os establecementos hostaleiros (bares, restaurantes): A Asociación Plataforma polo Emprego lles suministra un recipiente que logo eles mesmos recollen no propio establecemento cunha periodicidade acordada previamente. Teléfonos de información da Asociación Plataforma polo Emprego: 981 580 506 – 695 668 623.

? responsabilidade de todos nós manter este tipo de residuos lonxe das concas fluviais para evitar a súa contaminación, polo que dende o Goberno Local agardamos a colaboración de tódolos veciños, bares e restaurantes para lograr este fin; recordando unha vez maís que este servizo non ten custo algún.