FOGUEIRAS DE SAN XOAN.

COMUNICASE A todos/as os veciños/as que estén interesados/as en facer as tradicionais fogatas de San Xoan as mesmas PODENSE REALIZAR COA NORMALIDADE ACOSTUMADA . Para elo deben previamente pasar polas oficinas municipais para cursar a oportuna solicitude na que debe quedar recollido a persoa ou persoas responsables, así coma o emplazamento da fogata que se interesa. O último día para presentar esta solicitude remata o LUNS 22 ás 14 h. para poder darlle o trámite correspondente.Coma RECORDATORIO indicar que ESTÁ PROHIBIDA A QUEIMA DE TODO TIPO DE ELEMENTOS QUE SEXAN CONTAMINANTES O MEDIO AMBIENTE.

AVISO DE REACTIVACION DA ZONA AZUL DE ESTACIONAMENTO LIMITADO.

Apartir do LUNS 22 de xuño reanudarase a regulación e control da zona de estacionamento limitado, implantada en toda a rua San Lois. Dende esa data do 22/6 será de uso obrigatorio o disco horario, e a permanencia máxima de 1 h do vehículo aparcado dentro das franxas horarias establecidas, que é de luns a venres de 9 a 13, e de 17 a 20 h. Os sabados de 9 a 13 h. Os domingos e festivos o estacionamento é libre.