REANUDACION DO MERCADO MUNICIPAL DE PONTECESURES: VENRES 5 DE XUÑO.

Logo do parón obligado pola crise do COVID-19, volve o mercado municipal de Pontecesures no seu formato de sempre: o primeiro venres de cada mes.

A primeira xornada será o VENRES 5 DE XUÑO.

Recórdase tanto aos vendedores como a tódalas persoas asistentes a obriga do uso de mascarilla e do mantemento da distancia social de seguridade. Pola súa parte o concello instalará nas entradas e saídas do mercado dispensadores de xel hidroalcohólico.

No seguinte link (da web municipal), está a información e documentación para solicitar posto:

http://pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=1&id=106&sec=59

RETIRADA DE NIÑOS DE VELUTINA.

Onte luns persoal de SEAGA procedeu a tratar niños de velutina nas zonas de San Xulián, Novo Nuñez e subida ós colexios.
Recórdase á cidadanía que en caso de detectar un destes niños, e tendo en conta a sua perigosidade, poden comunicalo nas oficinas do Concello ou no teléfono do 012 da Xunta de Galicia, para que o persoal de SEAGA se encargue da súa anulación.

REPARTO DE PANTALLAS E MASCARILLAS NO CONCELLO DE PONTECESURES.

A pasada semana persoal do concello visitou os domicilios de Pontecesures para entregar en man distinto material preventivo en función da idade dos cidadáns. Posto que en moitos domicilios non se atopaba ninguén polo que procedeuse a deixar un aviso de que o material quedaba no concello para que os cidadáns o solicitaran. Pois ben, facemos un recordatorio para indicar que quen non teña seu material debe chamar ó concello no TELEFONO 986 557 125 para proceder logo a vir a recollelo en persoa. O material consistía en:

1 mascarilla infantil para cada menor de 14 anos.

1 mascarilla sanitaria para os habitantes entre 14 e 59 anos.

1 pantalla protectora para os de 60 anos en diante.


Dito reparto fixose tendo en conta os datos do padron de habitantes do concello.