




Esta semana darán comezo as obras de “Actuación de conservación e restauración do cruceiro de Carreiras”
Esta obra foi adxudicada ó restaurador Xosé María Lomba Martínez por un importe de 6.957,50€ financiando a Deputación de Pontevedra 5.757,71€ a través da Subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra para o ano 2019 e os restantes 1.199,79€ con fondos propios do Concello de Pontecesures.
A obra consiste en recuperar dentro do posible o estado orixinal do cruceiro e sobre todo eliminar elementos que están a provocar danos ou deterioros deste importante ben cultural de Pontecesures. Está obra require a retirada da cruz para o seu tratamento e a posterior colocación.
Prazo de preinscrición (novos alumn@s) e de reserva de praza (alumn@s da EIM) do 1 ata o 15 de abril de 2020.
Posteriormente, logo da adxudicación das prazas, o prazo de matrícula do 1 ata o 15 de xuño de 2020.
No seguinte link está toda a información e formularios para o curso 2020/2021 na Escola Infantil Municipal de Pontecesures:
Axudas da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia para os permisos de conducir B e C:
Dirixido a moz@s de 18 a 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Axudas de 400 € (carné B) e 650 € (carné C).
Prazo de solicitude ata o 31 de xullo de 2020.