Asaltan un bar en Padrón para llevarse el dinero de la máquina tragaperras.

Un bar del casco urbano de Padrón fue asaltado en la madrugada de ayer para llevarse el dinero de la máquina tragaperras. El titular del negocio descubrió el robo por la mañana, cuando vio una ventana forzada, por la que accedieron al local. ?nicamente tocaron la máquina tragaperras que, por cierto, hacía poco tiempo que estaba en el establecimiento. La Policía Local de Padrón, que tomó fotografías, ya investiga el robo.

Faro de Vigo

Morison e Dacosta estréanse coma dúo sénior na Copa 1.000 co ouro no K-2.

A Copa de España Sprint de 1.000 metros pechouse o pasado domingo no encoro asturiano de Trasona con sensacións opostas cando miramos a dous dos barcos que máis alegrías lle veñen dando nos últimos anos ao piragüismo arousán. Co K-2 1.000 de Camila Aldana Morison e Raquel Dacosta (Náutico Pontecesures) ameazando con exportar o seu insultante dominio nos seus anos júniores a unha categoría absoluta na que o sábado estreaban condición de dúo sénior nunha proba estatal facéndose co ouro en 4.00,874. E sacándolles nada menos que 3,840 segundos ás subcampioas, as vascas do Donostia Kayak Begoña Lazkano e Amaia Benavente, e 4,570 á parella do Breogán do Grove composta por Natalia García Naveiro e Nuria Villacé Redondo só un día despois de que, decisións de seleccionador nacional, Morison gañase o selectivo para o Europeo Absoluto no K-2 1.000 con García emparellada Dacosta cunha kaiaquista extremeña.

Falabamos de dous barcos. E se o K-2 do Náutico Pontecesures ofreceu a lectura positiva, o C-2 1.000 de Diego Romero e Tono Campos animou á reflexión. Porque a sete días do selectivo que decidirá o representante de España no Preolímpico de Duisburgo do vindeiro mes, a parella que veu dominando a modalidade a nivel nacional nos dous últimos anos víuse superada, e con claridade na liña de meta, polo equipo do Piragüismo Poio formado por Sergio Vallejo e Adrián Sieiro, gañadores da Copa 1.000 en dura pugna co cesureño André Oliveira e o seu compañeiro asturiano no Náutico Firrete, David Fernández, subcampión na mañá do sábado no C-1 1.000 por detrás de Diego Romero. Vallejo e Sieiro pecharon a final do C-2 en Trasona cun crono de 3.49,418, tan só 15 milésimas de segundo por diante de Oliveira e Fernández, con Campos e Romero bronce a 2,015.

En todo caso, o Breogán tivo bos motivos para a celebración. Con dez medallas individuais e un terceiro posto na clasificación xeral de clubs -segundo nas categorías séniores- ao sumar 482 puntos totais, polos 679 do Kayak Tudense e os 501 do Náutico Sevilla. Un resultado que sitúa o club grovense terceiro da xeral provisional da Liga Nacional Hernando Calleja cos mesmos 195 puntos cá Escola Piragüismo Aranjuez, co Tudense líder con 210 e co Náutico Sevilla segundo con 204.

Título para o illense Ramón Ferro

Ademais dos dous metais apuntados, Diego Romero e Tono Campos participaron o domingo tamén na prata do C-4 1.000 do Breogán, formando equipo con Manuel Sánchez e con Adrián Fernández. Remataron a 0,642 segundos do barco do Tudense, que contou coa pa do illense Ramón Ferro entre a súa tripulación. Un resultado mellorado polo K-4 500 do equipo meco, gañador da Copa de España en 1.51,639.

Os cinco podios individuais restantes do Breogán chegaron da man das súas dúas paracanoístas. A grovense Elena del Mar Naveiro foi subcampioa en KL3-1 200 Sénior, coa vallisoletana María Calvo bronce na mesma proba e campioa Sub-23, medallas ás que sumou sendos ouros en VL3-1 200 sénior e Sub-23.

La Voz de Galicia

Isorna: «Gustaríame saber cantos narcotraficantes están na lista de Panamá, porque en paraísos fiscais foron pioneiros».

isorna

El último eslabón en el entramado económico del narcotráfico es el drogodependiente, y no solo porque en su consumo está la base del negocio, sino porque muchas veces, por necesidad, acaba siendo él también vendedor. Es lo que se conoce como camello o trapichero, un perfil que conoce bien Manuel Isorna, que trabaja en el plan de prevención de drogodependencias de los concellos de Catoira, Caldas y Pontecesures. «Cando empezan a consumir non teñen por que facelo, pero chegado o momento, o gasto é tan elevado que se ven abocados aos cartos fáciles, sobre todo cando perden o traballo ou non teñen para manter ese nivel; entonces o que fan é vender no seu círculo, onde saben que non o van dicir á policía. Hai estudos que aseguran que por un consumidor hai sete persoas na súa contorna que acabarán consumindo tamén».

En ese último eslabón se puede calcular también el dinero que genera la droga. «A Organización Mundial da Saúde di que cada un dos cidadáns gastamos 50 euros en drogas ilegais, iso pode dar unha idea da cantidade de tráfico que xera».

Una idea, simplemente, porque la cantidad real es imposible discernirla en los complejos entramados que los narcos utilizan para esconder el dinero. «Gustaríame saber cantos narcotraficantes están na lista de Panamá, porque en paraísos fiscais foron pioneiros; os narcos galegos comezaron precisamente en Panamá, onde Sito Miñanco ata casou cunha panameña».

Isorna no es optimista respecto a que mejoren las cosas. Para que la droga deje de ser negocio, tendría que bajar la demanda, y su percepción no es esa. De hecho, no comparte el resultado del estudio hecho por el Ministerio de Sanidad que concluye que el consumo se estabilizó. «As enquisas as fixeron con alumnos, cando normalmente os mozos que máis consumen non son os que van a clase».

?l hace referencia a otros estudios hechos en Galicia que aseguran que, al menos en lo que se refiere al cannabis, el consumo está aumentando. «Conclúen que entre os menores de 18 anos consumiron cannabis no último mes un 3 %, moito máis que o 1,9 % do que fala a enquisa anterior. Iso implica que de 130.000 alumnos, son 4.000 os menores de idade en Galicia que fuman porros todos os días. Son consumidores de alto risco».

Isorna es además autor de un estudio universitario que se publicó recientemente que sostiene que incluso el cultivador de cannabis, que supuestamente lo hace para autoconsumo, acostumbra a revender parte de su producción para autofinanciarse. Una cadena piramidal que seguirá generando muchos beneficios mientras siga habiendo demanda y cuyo carácter ilegal impide ni tan si quiera aproximarse al volumen real del negocio.

La Voz de Galicia

Anxo Angueira: «Rosalía é veciña de Novalis e Hölderlin».

anangu

Ademais de presidir a fundación Rosalía de Castro, con sede na casa-museo de Padrón, o filólogo e escritor Anxo Angueira (Dodro, 1961) traballa na edición da obra completa en galego e castelán de Rosalía (1837-1885). Froito dese labor publicouse no 2013 Cantares gallegos (Xerais) e hai uns días que o mesmo selo levou ás librerías Folla novas. «Máis xente implicada no proxecto continuará con outras obras», adianta.

-¿Facía falta unha nova edición?

-Cómpre dar unha visión global ou sistemática de Rosalía de Castro. E desde a perspectiva da literatura galega, interesa tamén o que produciu en castelán.

-¿E «Follas novas», en concreto?

-? un libro tan denso, tan vasto, oceánico, que os seus poemas precisan anotacións de toda índole. E isto é o que fai esta edición, ademais de revisar a fixación do texto orixinal e ofrecer un lóxico estudo introdutorio.

-¿Hai achegas novidosas?

-Creo demostrar que non é unha obra, como di Rosalía no prólogo, con palabras nas que ela parece desligarse, feita había tempo, «escrita no deserto de Castela». Foi medrando como universo en expansión. ? filla do seu tempo, da Restauración, do pesimismo, do fracaso da primeira República española, na que Rosalía e Murguía tiñan postas moitas esperanzas. E non é unha obra segmentada, senón que mostra moita unión global, que sitúo arredor da muller como protagonista, como nación poética e política de penélopes.

-¿E a súa poesía?

-Nos seus eixos líricos máis relevantes advirto o diálogo que Rosalía mantén coa alta poesía europea do seu tempo, a poesía da soidade, da poética da dor, do adeus: falo de Leopardi, Novalis, Byron, Hölderlin, da poética da noite, da sombra. Rosalía é moi veciña de Novalis e de Hölderlin. E falo tamén da poética da nación. En Follas novas hai un discurso poético da nación, da nación desas penélopes líricas e políticas, da nación dunha Galicia traballadora. Era lectora da literatura do seu tempo, traducida ao francés. Estaba en todas as grandes encrucilladas, e nunha posición vangardista.

-Se fala dela sempre á beira de Bécquer, nun tic empobrecedor.

-Aquí non hai suspirillos germánicos. A literatura española situou a Rosalía como posromántica, cando é todo o contrario. ? unha escritora realista, con ecos da alta poesía do século XIX, pero non é pos nada. En todo caso será proto algo, xa que avanza o que despois ían ser as grandes liñas e os temas da poesía do século XX.

-«Follas…» non é unha colectánea de folliñas. Hai algo programático.

-Aínda que sexa un libro feito ao longo de dez anos, non é como di no prólogo: que eran poemas esquecidos, destinados á destrución, e agora xunteinos; non é así.

-¿? para quitarse importancia?

-Si. ? o principio retórico da captatio benevolentiae. Ela di: non pensedes que isto é poesía transcendente, as mulleres non podemos facer ese tipo de cousas, están reservadas para os homes. ? todo ironía. Intenta distanciarse da súa obra, dicindo que eses versos estaban condenados ao esquecemento. Non é así. ? unha obra filla do seu tempo, aínda que viña de atrás; Rosalía ordenouna e deulle unha arquitectura global extraordinaria. Comeza cunha serie de poemas, Vaguedás, que son poesía sobre a poesía, metaliteratura. Iso está no discurso máis contemporáneo, hoxe. En Silencio! hai ecos do que 110 anos despois vemos en Lois Pereiro en Narcisismo. E adianta a análise das profundidades do ser humano nas que combaten as forzas de Eros e Thanatos: «Inmortales deseios que atormentan/ e rencores que matan». No proceso da escrita, que describe como violento, frustrante, indaga a grande escisión que ven recoñecendo o home sobre a incapacidade da linguaxe. Ese discurso que Rosalía comeza en Follas está nas poetas de hoxe.

-No conxunto da obra, ¿cal é a importancia de «Follas novas»?

-Rosalía ten tres obras extraordinarias. Cantares gallegos, cun gran poder simbólico, é a primeira en galego, cun discurso sobre a alegoría nacional, froito da mocidade, da esperanza, a obra da alborada que canta ao amencer, con ilusión. Follas novas é unha obra pesimista, que ela di do solpor, do ocaso, do outono, que xa non canta á alborada senón á noite, a soidade, ao adeus, á dor, coma Leopardi. Son obras distintas, fases da escrita: na primeira pesaba moito máis a poesía popular, e aquí queda algo pero xa a música é un adagio solemne. E está En las orillas del Sar, un dos máis altos cumios da poesía en castelán do século XIX. Na que se desprende da voz polifónica popular para dar paso á propia voz autorial máis asimilable. Non digo que sexa o cume, pero advírtese un camiño na poética polo cal Rosalía se vai facendo cada vez máis ela.

-¿Por que deixa o galego tras «Follas novas»? ¿Foi falta de eco?

-Con Cantares gallegos, obtivo un recoñecemento extraordinario; foi o único que reeditou en vida. E Follas novas mereceu reseñas positivas. Pero ela, ao mellor, tiña un proxecto distinto. Non sei por que o fixo, pero o que sei é que En las orillas del Sar non esquece o seu compromiso con Galicia. E hoxe a crítica xa está vendo en novelas como El primer loco o El caballero de las botas azules a vangarda no castelán do século XIX.

-¿Que cómpre facer para mellorar a apreciación da súa obra?

-A proxección internacional é complexa. Había traducións de poemas illados, e no 2013 editouse Cantares gallegos traducido ao inglés pola poeta Erín Moure, que este ano fará o propio con Follas novas. Son grandes avances. Hai pouco que Cantares gallegos foi traducido ao xaponés. Isto está convertendo a Rosalía nun referente literario de Galicia no mundo, pero os procesos son lentos.

-Foi pioneira no uso do galego e en amosarse como muller esritora.

-? unha muller que asume o conflito da muller escritora. Ten dous textos marabillosos, Lieders (publicado en Vigo, en 1858, cando tiña 21 anos) e Las literatas (Lugo, 1865), que son auténticos manifestos que critican a posición subalterna que no mundo de homes escritores teñen as mulleres que fan literatura. E expono dun xeito totalmente descarnado.

-Cite algo positivo e algo negativo do matrimonio con Murguía.

-Todo no matrimonio é positivo, de simbiose exemplar. Hai documentos que desapareceron, pero os que coñezo dan fe dunha relación estreita no persoal e no intelectual. Rosalía era unha intelectual ao nivel de Murguía. Sempre queda iso de que el era o intelectual e ela o talento natural; diso nada. A biblioteca era común, e os dous se facían circular entre eles as obras, os textos dos autores.

-A fama de que el era algo bruto…

«A identificación de Galicia con Rosalía non pode ser»
Rosalía foi pioneira en Galicia como muller escritora; despois, anota Angueira, veu Pardo Bazán.

-?sase moito a unha para negar á outra. ¿Non poden ir da man?

-? comprensible. Poderían ir da man, pero xa elas se desmarcaron mutuamente. Dalgunha maneira Pardo Bazán desconsideraba a literatura en galego e rexional, que asimilaba ao folclórico. E mentres Pardo Bazán cre no progreso, Rosalía desconfía dos intereses dun capitalismo incipiente que arrasa todo. Teñen criterios opostos, o que non quere dicir que unha sexa mellor ca outra.

-¿Hai na posición de Rosalía un romanticismo reaccionario?

-Non quere unha volta ao pasado, senón que desconfía do progreso. Curros confía na locomotora, encántalle; Rosalía, non. Critica a présa con que se vive. Iso non é reaccionario, ao contrario, é un aviso dos tempos que veñen, devastadores. Ela é escéptica, non canta as excelencias da modernidade como Bazán. Son distintas, sendo escritoras que defendían a súa condición de mulleres nun mundo dominado por homes.

-¿Na Rosalía como gran figura do feminismo, non hai peros?

-Non. Pero a muller de Rosalía é a muller traballadora, do pobo, do seu tempo, abandonada polo home que marchou para Cuba, que non sabe se vai volver, e se encadra perfectamente na literatura universal: son penélopes. «Tecín soia a miña tea». Non fala só da soidade individual, senón da soidade política e social.

-¿E a nación de Rosalía?

-Si está o «Pobre Galicia, non debes chamarte nunca española!», pero, ¡ollo!, hai un substrato que é o pobo traballador galego. A nación de Follas novas é a nación das mulleres. Non hai peros, pero si matices. Esa lectura que veu despois de Galicia=Rosalía=saudade, esa ecuación, é falsa. A identificación de Galicia con Rosalía non pode ser. Galicia para Rosalía era un proxecto, como continúa sendo para moitos de nós. Non é esencia permanente.

-¿? unha visión social?

-A visión social tamén é política. A nación de Rosalía é a alborada de Cantares gallegos, esa esperanza de rexurdir, de empezar un novo tempo, pero tamén os emigrantes que non volven e as mulleres que quedaron soas.

-? devolver a dignidade ao pobo.

-Os grandes principios de Rosalía están xa en 1858 en Lieders, texto no que fala de independencia, liberdade e igualdade para a muller, para o ser humano. ? devolverlle a dignidade a Galicia, ao pobo. Non hai unhas esencias que conservar nin preservar, máis alá da nosa cultura, do idioma. Pero detrás disto está un proxecto social de emancipación e de liberdade e de dignidade.

La Voz de Galicia

La actriz Raquel Queizás llega con sus cuentos infantiles al Auditorio de Valga.

La sesión, dirigida a un público familiar, está prevista para las seis de la tarde de hoy.

El Auditorio de Valga recibe esta tarde a la actriz y narradora Raquel Queizás, que protagonizará una sesión de cuentos infantiles dirigida a un público familiar y que comenzará a las 18 horas. Con una trayectoria de más de diez años dedicada a la narración oral profesional, Queizás mantiene actualmente en cartel cerca de una docena de espectáculos de cuentacuentos sobre temas diferentes y adaptados a distintas edades. En los últimos años fue integrante de varias compañías gallegas de teatro profesional.

La actividad está organizada por la Diputación de Pontevedra e incluida en la programación del Año Castelao. Exposiciones, conciertos o talleres infantiles contribuyen a divulgar la figura y obra de este autor entre la población de toda la provincia pontevedresa.

Faro de Vigo