Ultima hora: Desconvocada a folga do servizo de recollida de lixo que afecta a Pontecesures.

Sobre ás 22,45 horas do mércores 27 foi desconvocada a folga ao chegar a un preacordo a empresa FCC cos representantes dos traballadores logo dunha longa reunión que comezou ás 16 horas. Quedan agora algúns flecos relacionados co acordo e o lixo comezará a retirarse das rúas posiblemente na tarde de hoxe.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Non se celebrou o pleno ordinario por falla de quórum.

O pleno de hoxe mércores non se celebrou porque só acodiron tres concelleiros nacionalistas (José Antonio Baliñas como alcalde en funcións, Margarita García Castro e Ana Portas). Dende a maña sabíase que o alcalde non ía asistir porque tiña unha reunión con outros alcaldes da Mancomunidad do Barbanza-Outes polo tema da folga do lixo, mentres a 1ª Tenente de Alcalde Maribel Castro argumentou que saía de viaxe e non podía estar no pleno. O quórum mínimo en Pontecesures son catro membros da corporación.

(más…)