PPC e POL 2006

Nota da Concellería de Infraestructuras e Relacións institucionais de Pontecesures

O pleno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou o Plan Provincial de Cooperación (P.P.C.) 2006 e o Programa Operativo Local (P.O.L.) 2006 dos concellos da provincia.

Así a proposta deste concello inclúese no P.P.C. a obra de pavimentación de parte da rúa San Lois e da totalidade das rúas Sagasta e Victor García. O importe total da obra ascende a 41.690,17 � aportando o concello 12.507,06 �. Este investimento afectará as rúas centrais da vila e así despois de rebaixar o firme pavimentarase o vial que vai dende o paso a nivel central ata a intersección do mesmo coa estrada N-550 e que está en malas condicións xa que foi danado fundamentalmente ó realizar as canalizacións para o gas cidade hai uns anos.

(más…)

Arranxo do alumeado público no peirao

Nota da Concellería de Infraestructuras e Relacións institucionais de Pontecesures

Dende hai tempo esta Concellería viña solicitando a Xefatura da Zona Sur de Portos de Galicia o arranxo do alumeado público no peirao de Pontecesures na zona que vai dende a caseta propiedade de organismo ata a pista polideportiva descuberta por diante da empresa NESTL�. Varios vecinos plantexaron esta deficiencia en numerosas ocasións.
Despois de varias xestións, no día de onte reparouse por persoal dependente de Portos de Galicia o tramo de alumeado público avariado mellorando sensiblemente a seguridade das persoas e vehículos que percorren diariamente o paseo marítimo e o vial portuario.

Pontecesures, 31 de xaneiro de 2006 : O concelleiro delegado – Luis-Angel Sabariz Rolán

O concello máis limpo de Arousa

Segundo o INE, Pontecesures é o concello máis limpo da Arousa con só un 7% da súa poboación vivindo en rúas de escasa limpeza.

Esto contrasta con concellos coma o do Grove no que a porcentaxe e do 70,4%, lembremos que esta porcentaxe é a de poboación vivindo en rúas de escasa limpeza.

Outros datos de outros concellos da Arousa que aporta esta estatística do INE son:

- A Illa: 48%
- Vilagarcia: 38%
- Vilanova: 38%
- Catoira: 36%
- Meaño: 36%
- Cambados: 26%
- Meis: 20%
- Ribadumia: 18%
- Valga: 9,25%

Está moi ben ser os máis limpos, pero mellor estaríamos co 0%, si segundo o censo do 2003 hai 3.062 habitantes, temos que uns 214 cesureños non teñen a súa rúa coma sería de esperar … ¿ Alguén coñece algún de estes 214 veciños ou pensa que as cifras non se axustan á realidade ?

!! A polo 0% !!