PPC e POL 2006

Publicado por Antonio Cortés en

Nota da Concellería de Infraestructuras e Relacións institucionais de Pontecesures

O pleno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou o Plan Provincial de Cooperación (P.P.C.) 2006 e o Programa Operativo Local (P.O.L.) 2006 dos concellos da provincia.

Así a proposta deste concello inclúese no P.P.C. a obra de pavimentación de parte da rúa San Lois e da totalidade das rúas Sagasta e Victor García. O importe total da obra ascende a 41.690,17 ? aportando o concello 12.507,06 ?. Este investimento afectará as rúas centrais da vila e así despois de rebaixar o firme pavimentarase o vial que vai dende o paso a nivel central ata a intersección do mesmo coa estrada N-550 e que está en malas condicións xa que foi danado fundamentalmente ó realizar as canalizacións para o gas cidade hai uns anos.

Tamén a proposta deste concello inclúese no P.O.L. a obra de reforma da nave da escola obradoiro situada nos arrredores do C.P.I. Infesta na rúa Pousa Antelo. A actuación ten un importe de 60.000 ? aportando o concello 5.417,01 ?. Precísase realizar unha serie de actuacións na nave (cuberta, instalación eléctrica, etc..) xa que vaise solicitar con carácter inminente un obradoiro de emprego a Consellería de Traballo.

Agora só queda esperar a autorización do Ministerio de Administracións Públicas para redactar ós proxectos e adxudicar as obras canto antes.

Pontecesures, 1 de febreiro de 2006 : O concelleiro delegado – Luis-Angel Sabariz Rolán


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.