Campaña de Verán 2013 da Xunta de Galicia (campamentos).

 

ACCION VERAN 2013

Na Orde do 21 de marzo de 2013 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 63 do 02/abril/2013) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A VERÁN-2013? para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 35 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos remata o vindeiro 17 de abril, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Máis información e descarga de formularios de solicitudes:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=473

 

 

O inventario de bens do Concello de Pontecesures suxeito a exposición pública.

No exemplar nº 60 do Boletín Oficial da Provincia do pasado 26 de marzo, publícase o seguinte anuncio:

«O Pleno de Pontecesures, en sesión de 26 de novembro de 2012 aprobou inicialmente o Proxecto de Inventario de Bens, Dereitos e Accións do Concello de Pontecesures nos termos e segundo a redacción da empresa Procat Ingeniería e Medio Ambiente S.L., sometendo a información pública e aukdiencia dos interesados o expediente mediante anuncio no BOP, para a presentación das reclamacións que estimen oportunas dentro do prazo de noventa días (90) hábiles contados a partir do seguinte a esta publicación.
No suposto de non presentarse reclamacións, entenderase elevado a definitivo o acordo de aprobación inicial.»

ACP critica ao gobierno por non reparar o cerre do colexio en vacacións.

Hai uns dez días a ACP denunciou una serie de deficiencias no cerre perimetral traseiro do patio do CPI Pontecesures que ocasionan risco para os alumnos. En concreto, facíase referencia ao estado das varillas oxidadas rotas e de punta dunha verxa, a un tramo caído duns tres metros lineais noutra zona (varios bloques do muro e e malla), á maleza que invade unha gran parte do muro traseiro e á rotura dun cristal do ximasio preto de cerre.

Pois ben; pasaron as vacacións de Semana Santa e no día de hoxe no que se reanuda a actividade letiva as cousas continuan como estaban. Sorprende que o goberno local anuncie que se aproveitaron os días de vacacións, sen nenos no recinto, para avaliar os danos e que as actuación íanse facer cando o tempo o permitise. Incrible a xustificación porque ¿que impidiiu facer as valoracións antes con nenos polo patio?, ¿a que ven esta dificultade para colocar nos días da Semana Santa un cristal, uns cantos bloques, un pequeno tramo de malla métalica e una verxa nova?.

Esta pasividade do concelleiro de educación, Roque Araújo, e do goberno local no seu conxunto ocasiona que nestes días de clase teñamos perigo no recinto escolar e malestar por parte de pais e nais de alumnos. Anuncianos o Sr. Araújo con toda a propaganda de cando en vez a simple sustitución de luminarias, a limpeza do patio ou o arranxo ordinario das persianas do colexio (labor de mantemento do concello que se fixo toda a vida no colexio, por obriga legal) e non activa esta reparación tan necesaria. Esperemos que, dunha vez por todas, se arranxen estas deficiencias denunciadas.

Pontecesures, 02/04/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures