HOXE ESPECIAL SOBRE FEGACLASIC E AS FEIRAS DO AUTOM?BIL DE OCASI?N EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

Hoxe á tarde (dende as 19h e ata as tantas da madrugada) no programa «Palco de Estrelas», que presenta e dirixe Daniel Seijas Llerena, entre outras moitas cousas, haberá unha «superproducción» sobre a historia das feiras do automóbil de ocasión de Pontecesures, con moitas sorpresas…ademais o programa contará coma convidado especial a Antonio Ferro, presidente da Asociación Cultural «Mirandolle os dentes», para falarnos de FEGACLASIC, exposición que terá lugar este sabado 5 e domingo 6 de maio.
No plano musical poderás escoitar as pezas do novo disco da BANDA DE M?SICA MUNICIPAL DE VALGA titulado «Melodias do Mundo», así coma o novo tema da orquestra ACH? chamado «Pa ´lante Pa´lante»…..e moito máis.

Rematan as obras da calefacción do C.P.I. Pontecesures

Onte remataron as obras de reparación e mellora da calefacción do C.P.I. Pontecesures. Lembramos que cun orzamento de  58.000 euros acometéronse  tres tipos de intervencións: reforma da sala de caldeiras e revisión da cheminea e caldeira, a renovación das tubarías de distribución e do sistema hidráulico, e revisión do depósito.

Representantes da Consellería de Educación e da empresa adxudicataria das obras reuníronse con persoal do Concello, do colexio e da empresa encargada do mantemento, para explicarlles o funcionamento do novo sistema de calefacción do C.P.I. Pontecesures.

O Concello de Pontecesures quere agradecer á Consellería de Educación o  investimento realizado e felicitar á empresa polo bo remate das obras, que sen dúbida, permitirán o ensino en mellores condicións e desde logo, un considerable aforro no gasto enerxético do centro.

Actividade de animación á lectura na Biblioteca Municipal.

Mañá mércores 25 de abril, ás 17 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures,  levarase a cabo a actividade de animación á lectura ??HIP-HOP / Poema pop? con Juan Carlos Vázquez Otero,  destinada ao alumnado de 3º e  4º  de E.S.O. do CPI Pontecesures. ??HIP-HOP / Poema Pop? é un obradoiro de creatividade en torno á música, pintura e poesía.

Esta actividade, realizada con motivo do programa ??Abril, mes dos libros? , enmárcase no programa Letras Vivas, subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.