Remata o prazo de exposición pública para retirar un dos coches abandonados en Redondo.

O anuncio foi publicado no BOP o 27 de febreiro de 2012 e detállase que este Citroën Berlingo que está a nome de Suministros Meicende SLL pernanece abandonado na rúa Redondo, na estrada N-550, aparcado en batería. O 16 de marzo rematou o prazo de 15 días hábiles para a súa retirada ou para facer as reclamacións oportunas. De pasar a ter a consideración de residuo sólido urbano, será o concello o que ordene a retirada para o desguace.

XVII Festa da Lamprea.

PROGRAMA FESTA DA LAMPREA 2012

Sábado 24 de marzo

Nova presentación de O Faiado da Memoria ás 18.30 h., no Centro Social.

Domingo 25 de marzo

SAN LÁZARO

Dende as 10.00 h. pasarrúas a cargo dos grupos Algueirada e Xarandeira de Pontecesures.

Ás 12.00 h., recepción de autoridades na Casa do Concello.

Ás 13.00 h., pregón a cargo de André Arzúa, cociñeiro e presentador da TVG.

A partir das 12.00 h., serviranse racións  de lamprea a un prezo único de 5 euros.

Haberá carpas onde se poderá degustar pulpo e churrasco.

 

Nova presentación de fotografías de O FAIADO DA MEMORIA.

O vindeiro sábado 24 de marzo O FAIADO DA MEMORIA fará unha nova presentación de fotografías. Expoñerá as fotografías que a xente foi prestando dende a última presentación. Trataráse de facer unha exposición interactiva onde os asistentes axudarán a identificar nas fotografías os lugares, datas e persoas.

No Centro Social ás 18.30 horas.

No seguine enlace pódese ver a sección da web de O FAIADO DA MEMORIA adicada a Pontecesures:

http://www.blogoteca.com/memoriapontecesures/

 

 

Avance das obras da nova calefacción do CPI Pontecesures

Este luns desprazáronse ao colexio de Pontecesures o xefe da unidade técnica da delegación de Educación da Xunta en Pontevedra e un representante da empresa que se vai facer cargo das obras. Ambos explicáronlle ao concelleiro de Educación, Roque Araújo, e a directora do centro, Begoña Regueira, os pormenores da obra, así como a data de inicio, prevista para o 26 de marzo. 

Asemesmo, ambos técnicos comentaron que se trataría de acometer as obras no periodo vacacional de Semana Santa, e nos días laborais seguintes , en horario non lectivo, para non entorpecer a activiade diario do centro.