Un labrego atopou hoxe nun alpendre da súa propiedade en A Ponte (Padrón) diverso material acopiado. Había bastante tempo que non ía por alí, e ante o achado avisou á Garda Civil que trasladou os obxectos ao cuartel de Iria en Padrón.
Hai pouco, persoal da biblioteca de Pontecesures, a alcaldesa, e a Policía Local de Pontecesures identificaron no cuartel os ordenadores e a estufa substraída no roubo da madrugada do venres 13. En consecuencia, pódese dicir con ledicia que se recupera integramente o material substraído que será tradaladado á instalación canto antes.
Tamén é moi posible que estivera alí o material roubado ó Pub Tribal de Pontecesures, a principios de febreiro pasado (proxector e outros obxectos), e a outros establecementos. O propietario do local ten que facer as comprobacións nas vindeiras horas.
O cuberto está na zona do Trozo. Preto do taller de coches, vaise por unha pista, indo para Padrón a dereita con dirección ao Lestido.
Ata o de agora, non se ten coñecemento da identidade dos delincuentes.
Sin Categoria
Entran no local da antiga Autoescola Pontecesures e provocan un incendio.
Sobre as cinco da pasada madrugada, un home, ao parecer só, forzou a porta do local da antiga Autoescola Pontecesures (xa non ten actividade dende xaneiro deste ano 2009) situado na Travesía da Bandeira de Pontecesures. Plantou lume nunha «montonera» de documentos que estaban fora do arquivador metálico existente na oficina, e os veciños do edificio alarmados polo fume chamaron ao 112.
Varios veciños saíron á rúa, e efectivos de Protección Civil de Pontecesures extinguiron as chamas.
Segundo algunha testemuña o home saiu do local e subiu nun quad onde o estaba esperando outra persoa.
Sin Categoria
Políticos que andan a golpes.
Es una lástima, últimamente no paro de contar desgracias…Me da la impresión de que incluso soy algo gafe: escribo sobre la dolencia de algún político y, pocos días después, me cuentan los pajaritos los males de otros…Después del serial de «miLores», que duró semanas, me explican que la alcaldessa de Pontecesures, Maribel Castro, aparece en la presentación de la Festa da Lamprea (que se celebrará los días 4 y 5 de abril) con una manao inmovilizada. ?sas son las consecuencias que hay que pagar por tener que bañar a los nietos. Como siempre en estos casos (ya, ya sé que soy entrañable y encantadora) le mando un abrazo y le deseo una pronta recuperación. Sirva por mí y por todos mis compañeros.
Estracto de la columna «A praza da verdura» de Clara Aldán. DIARIO DE PONTEVEDRA, 14/03/09
Sin Categoria
Aymerich acusa a Feijóo de «incumprir o regulamento do Parlamento» ao aceitar en préstamo un coche «que nin sequera declarou a Facenda»
Aymerich acusa a Feijóo de «incumprir o regulamento do Parlamento» ao aceitar en préstamo un coche «que nin sequera declarou a Facenda»
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2008. O deputado do BNG, Carlos Aymerich, considera ??pouco ético? por parte do próximo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que sendo portavoz do PP no Parlamento Galego aceitase un Peugeot 607 en préstamo gratuíto por parte de Citroën .
Carlos Aymerich subliña que ??o Réxime de Incompatibilidades dos deputados do Parlamento de Galiza impídelles cando teñen dedicación exclusiva ??caso do señor Feijóo- calquera retribución en diñeiro ou especie diferente das retribucións parlamentarias que se recollen nos Orzamentos da Xunta de Galiza?.
Ademais o deputado do BNG, critica que o líder do PP ??ao parecer non pagase impostos a Facenda por utililzar este Peugeot 607, cando o artigo 42 da Lei 35/2006, do IRPF establece claramente a obrigatoriedade de pagar taxas?.
??De qué lado se porá o señor Feijóo en caso de conflito entre a empresa e os traballadores??
Dado este trato de favor ao daquela portavoz do Grupo Parlamentario do PP , Carlos Aymerich, pregúntase ??de qué lado se porá o agora presidente do Goberno galego en caso de conflicto entre a empresa PSA Peugeot-Citroën e os traballadores, caso dun ERE que ten que autorizar o Goberno galego??.
Sin Categoria
Comezou onte o derrubo da casa en ruinas da Subida de Requeixo en San Xulián.
Os traballos de derrubo desta casa propiedade da familia Doce Limeres, cedida recentemente ao concello, comezaron onte.
Considérase este derubo moi necesario xa que a casa ruinosa estaba en estado perigoso e ademáis había un problema de salubridade na zona (lixo, malos cheiros, ratos, etc..). Foron moitos os veciños, e incluso a Asociación de San Xulián a que solicitou esta actuación. Agora quedará a rúa ampliada e queda un espazo público na zona.
De novo, hay que agradecer o detalle da cesión á familia Doce Limeres.