

Quero desexar ao gran número de persoas que seguen esta páxina, un ano 2008 cheo de felicidade.
Un saúdo agarimoso.
Luis Angel Sabariz Rolán
Quero desexarlle a tódolos que seguen este medio, moita felicidade neste Nadal.
Unha aperta.
Luis Angel Sabariz Rolán.
Anda pola rúa Deputación, á altura do número 23 este gatiño perdido, ten un collar e tamen un «cascabel».
? moi sociable e coido que o dono estará a buscalo.
O Coro cesureño «A Barcarola» actuando no Igrexa Parroquial de Santiago de Padrón no Festival de Santa Cecilia de corais o pasado día 24 de novembro. De esquerda a dereita as cesureñas Avelina Cordo, Elena Vidal, Victoria García Miniño, Dolores Barreiro, Felicidad Bea e Sara Pereiras.
Rematou o prazo de presentación de candidaturas para estas eleccións onde serán elixidos os tres representantes do persoal laboral do concello para os próximos catro anos.
As candidaturas son as seguintes:
CCOO (Xurxo Gerpe Jamardo, Franciso Freiría Oliveira e Elías Sanmarco Enrique).
UXT (Eduardo Enrique Bóveda, José F. Rodríguez Fructuoso e Alvaro Constantino Espiño).
CIG (Mª Teresa Gil García, Manuela González Vázquez e José M. Moreiras Eitor)
O sindicato CC.OO solicitou que fora colocada unha urna e unha cabina para as votacións como garantía do proceso.