Aos 89 anos de idade morreu Manuel Sanmarco Iglesias,veciño de San Xulián e sacristán de Pontecesures, viúvo de Mª Victoria Enrique Llerena. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá xoves 25 de agosto, ás 17:30 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecsures. Logo os seus restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
Sin Categoria
FESTIVAL ROCK: PONTECESURES 2016.
Actividade enmarcada dentro do PROGRAMA CULTURA NO CAMI?O 2016, cofinanciado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Concello de Pontecesures:
27 de agosto (sábado) ás 22.00 horas no peirao (a carón da Praza de Abastos), FESTIVAL ROCK, 2 grupos:
FOXY FREIRE, gañadores nos Premios Martín Códax da Música 2016.
MARTELO, finalistas nos Premios Martín Códax da Música 2016.
Sin Categoria
SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA PORTA A PORTA DE APARELLOS ELECTR?NICOS E ESCOMBROS DE PEQUENAS OBRAS DOM?STICAS.
Infórmase que o Concello de Pontecesures ven de asinar u convenio de colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza para a execución compartida do servizo de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e escombros de pequeñas obras domésticas.
A recollida efectuarase sempre o 1º xoves de cada mes. Calquer veciño que desexe que pasen polo seu domicilio a recoller ou ben RAEE ou escombros domésticos (pequenas cantidades de obras domésticas) deberá chamar ás oficinas municipais do concello ao teléfono 986 557 125 e indicar os seus datos (nome, DNI, dirección de recollida e tipo de residuos (RAEE ou escombros)). Posteriormente, cada primeiro xoves de mes, pasarán operarios do servizo de recollida para proceder á retirada dos devanditos residuos dos domicilios que o soliciten.
Así mesmo, recordase que os RAEE non poden ser depositados na rúa.
O SERVIZO COMEZARÁ A FUNCIONAR REGULARMENTE O XOVES 1 DE SETEMBRO, PERO, FARÁSE UNHA PRIMEIRA RECOLLIDA PARA PO?ER EN MARCHA ESTE SERVIZO O XOVES 25 DE AGOSTO.
Sin Categoria
A imaxe de San Roque será trasladada a Porto o xoves 25 de agosto.
A misa ordinaria terá lugar ás 20:00 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Ao remate da mesma, sobre ás 20:20 horas, sairá en procesión a imaxe de San Roque para Porto acompañada polo grupo folclórico Algueirada. Alí a imaxe quedará toda a noite nun altar instalado a carón da antiga taberna de Vieites