Valga participa nun programa de televisión en Austria na procura de novos talentos musicais.

Delegación valguesa na gravación do programa Goldene Note

Delegación valguesa na gravación do programa Goldene Note.

Os gañadores do concurso serán alumnos o vindeiro curso do Centro Superior de Música Galicia

Onome de Valga soou na televisión pública de Austria, ORF, a través do concurso de talentos Goldene Note porque os tres gañadores desta edición serán o vindeiro curso alumnos do Centro Superior de Música CSM Galicia, con sede en Valga. Formarán parte do proxecto Promotion Program, co que o conservatorio ofrece aos estudantes a posibilidade de participar en concertos e recitais en teatros de prestixio internacional.

Para asistir á gravación da gala final do certame viaxaron a Viena o alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira Carmen Gómez, María Jesús Rey, xerente da empresa Galival Music que xestiona o CSM, e Simón Ibáñez, director do centro. Neste concurso están involucradas algunhas das institucións máis importantes de Austria a nivel musical e está aberto á participación de nenos e mozos dende 5 a 18 anos con instrumentos de vento, teclado, corda ou corda pulsada.

O programa, que se emite tanto en Austria como en Alemaña, acada unha audiencia duns dous millóns de espectadores e a gala gravada o martes na que se coñecerán os nomes dos tres premiados emitirase o vindeiro 31 de maio, segundo informa o Concello.

Bello Maneiro e Simón Ibáñez apareceron durante a gala nun vídeo gravado en Valga anunciando este premio que permitirá aos gañadores actuar no auditorio de Galicia en Santiago, na Ópera de Valencia e no Carnegie Hall de Nova Iorque en 2026. En Valga haberá oportunidade de velos tamén, xa que os novos talentos da música clásica asistirán a clases e participarán en recitais no auditorio municipal.

La Voz de Galicia

O PP de Pontecesures critica a falla de limpeza no Pino Manso.

“A historia e o patrimonio de Pontecesures son dous dos recursos que caracterizan e definen a identidade das cesureñas e cesureños. Totalmente esquecidos e ninguneados durante estes últimos anos….” Tranquilos, con BNG o Pino Manso vai a estar impoluto e vai a ser un recurso turístico referente para os milleiros de peregrinos que pasan ao seu carón…(foto de esta mesma tarde).

POPULARES DE PONTECESURES

Porta principal nova na Igrexa Parroquial de Pontecesures.

Os vehiculos invaden a praza peonil do Camiño de San Xulián.

Nun principio colocáronse bolardos e só atravesaban os vehículos para o uso do aparcadoiro do supermercado. Agora, derrubados e retirados os bolardos, utilízase a plaza peonil para o estacionamento de todo todo tipo de vehículos sen máis con risco para todos.

Esperamos que se adopten as medidas oportunas para corrixir a situación.

Letras Galegas 2024. Certame de Relato Curto en Pontecesures.

Na mañá de onte tivo lugar a entrega de premios do Certame de Relato Curto realizado polo Concello de Pontecesures no marco do Día das Letras Galegas deste ano.

Formando o xurado, contamos coa presenza de Mª Belén Senín Santiago e Ana Lorenzo Blanco, filólogas galegas e premiadas en certames de diferente índole literaria. Agradecer a súa colaboración altruista e profesionalidade para valorar os traballos realizados polos participantes.

A Alcaldesa Maite Tocino deu a benvida a participantes e familias, agradecendo a presenza e destacando o valor cultural e literario destas iniciativas. Posteriormente o Concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade, Alberto Rivas, fixo entrega xunto co xurado dos premios aos gañadores do certame, que presentaron os seus relatos de forma anónima e firmados con seudónimo para garantir a transaparencia do mesmo.

O primeiro premio foi para o relato «Ata sempre, Jules» asinado por Sra. Bigotes e realizado por Helena García.

O segundo premio foi para o relato «Flor Amarilis» asinado por Froggy e realizado por Itxaso Illarramendi.

O terceiro premio foi para o relato «Luces Azuis» asinado por Pitán e realizado por Nicolás Calvo.

Parabenizar ás persoas gañadoras e animalas a seguir cultivando o talento literario en galego, de vital importancia para o futuro. Vémonos na próxima edición!

Concello de Pontecesures

El 30 % de los peregrinos que llegan a Santiago lo hacen a través del Camino Portugués por la Costa,

La ruta se consolida como la tercera más frecuentada según los datos que arrojó el II Fórum Peregrino en Viana do Castelo

El camino Portugués y el por la Costa aumentaron en más de un 34 % en número de peregrinos el año pasado, en comparación con el anterior, cifra que los convierte en las rutas que más crecen. Asimismo, del alrededor de medio millón de peregrinos que llegan a Santiago, un 30 % lo hicieron a través del Camino por la Costa, que se consolida como el tercer camino más frecuentado, según los datos mostrados en el II Fórum Peregrino, organizado por el Ayuntamiento de Viana do Castelo juntamente con la Federación Portuguesa del Camino de Santiago.

Así lo anunció el alcalde de Viana do Castelo, Luís Nobre, que enfatizó la relevancia de la ruta para los territorios que atraviesa: «Hay un profundo simbolismo en el Camino y una relación próxima de los peregrinos con la identidad cultural de los territorios que atraviesa».

Uno de los objetivos de la sesión era firmar el protocolo de colaboración con el Instituto Politécnico local de cara a una «contribución para el conocimiento del Camino y de los caminantes en sus distintas dimensiones», según el director del centro, Carlos Rodrigues.

Durante el acto, se remarcó la necesidad de conocer y contabilizar con más precisión este fenómeno en crecimiento, así como de conservar y remarcar los rasgos propios del Camino, que lo diferencian de otras rutas de senderismo. Señalaron las nuevas normas de reglamentación de los albergues y las señalizaciones de alojamiento para responder a un «movimiento que es patrimonio vivo».

El presidente de la Federación Ibérica del Camino de Santiago, Ildefonso de la Campa Montenegro, anunció que Galicia y Portugal defenderán frente al Consejo Europeo la certificación del Camino de Santiago como Primera Ruta Cultural Europea, como «ruta que moldea la Historia», con sus más de 80 mil itinerarios. «Es un elemento patrimonial vivo» y una «realidad cultural» que defienden más de 330 asociaciones en todo el mundo.  

Por último, la directora de comunicación de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal, Begoña Íñiguez, destacó el papel que los distintos caminos de Santiago juegan en la articulación de una «realidad transfronteriza», y puso el foco en dos proyectos conjuntos en los que están implicados Turismo de Galicia y Turismo de Oporto y Norte: Facendo Caminho y Clúster de Turismo Transfronterizo.

La Voz de Galicia