Letras Galegas 2024. Certame de Relato Curto en Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Na mañá de onte tivo lugar a entrega de premios do Certame de Relato Curto realizado polo Concello de Pontecesures no marco do Día das Letras Galegas deste ano.

Formando o xurado, contamos coa presenza de Mª Belén Senín Santiago e Ana Lorenzo Blanco, filólogas galegas e premiadas en certames de diferente índole literaria. Agradecer a súa colaboración altruista e profesionalidade para valorar os traballos realizados polos participantes.

A Alcaldesa Maite Tocino deu a benvida a participantes e familias, agradecendo a presenza e destacando o valor cultural e literario destas iniciativas. Posteriormente o Concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade, Alberto Rivas, fixo entrega xunto co xurado dos premios aos gañadores do certame, que presentaron os seus relatos de forma anónima e firmados con seudónimo para garantir a transaparencia do mesmo.

O primeiro premio foi para o relato «Ata sempre, Jules» asinado por Sra. Bigotes e realizado por Helena García.

O segundo premio foi para o relato «Flor Amarilis» asinado por Froggy e realizado por Itxaso Illarramendi.

O terceiro premio foi para o relato «Luces Azuis» asinado por Pitán e realizado por Nicolás Calvo.

Parabenizar ás persoas gañadoras e animalas a seguir cultivando o talento literario en galego, de vital importancia para o futuro. Vémonos na próxima edición!

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.