Agor ao Cordeiro vai terceiro na clasificación con 45 puntos, mentres que o Flavia vai quinto con 41 puntos.
Cultura
Os Concellos de Valga, Rois e Pontecesures premian no seu entroido a tradición das Patifas e os Valeiros do Ulla.
A comparsa «Patifas, Valeiras, Valeiros e Criaturas do Ulla« organizada pola Asoc. A Estornela e Valeira Pontecesures resultou premiada neste entroido na súa categoría, no Concello de Rois, onde acadou o segundo premio, e o primeiro nos Concellos de Pontecesures e Valga.
Este Desfile Valeiro inspirado na figura das Patifas e os Valeiros do Ulla é unha homenaxe á tradición máis mariñeira de Pontecesures e pon en valor a figura das patifas, reivindicando o gran labor destas mulleres no pasado.

A comparsa estivo formada por integrantes de tódalas idades que desfilaron é bailaron ó son da música, nestes dous fins de semana de entroido nas tres vilas da comarca. Lampreas de casi 2 metros, anguías, sollas, valeiros coa súa barca e aparellos e as patifas coa panela na cabeza, conformaron o desfile do Pontecesures mais mariñeiro.
A meirande parte dos materiais dos traxes, peixes, barca e panelas eran reciclados ou de vimbios e na elaboración dos mesmos participaron, entre outros, o Grupo GEDA de Porto con Elena Vidal á fronte, os usuarios do Centro de Día de Valga e o Grupo de Calceta da Estornela.
A seguinte parada deste Desfile Valeiro será Cuntis onde veremos si as lampreas do Ulla convencen igualmente e o xurado valora unha comparsa de corte tan tradicional e galego.
Sin Categoria
Gran partido de fútbol hoxe no Campo do Souto de Padrón.
Enfróntase o Flavia e o Cordeiro ás 17 horas (xornada 22 da Primera Autonómica).
Sin Categoria
El aparatosao accidente del pasado viernes en la rotonda de Pontecesures.
El conductor no resultó herido y el vehículo terminó en medio del carril por lo que fue necesario regular el tráfico en la N-550.
La N-550 registró el pasado viernes un aparatoso accidente en el que una furgoneta acabó volcada en la entrada de la rotonda de Pontecesures, aunque afortunadamente no hubo que lamentar daños personales. El conductor del vehículo pudo salir por su propio pie.
El accidente se produjo en torno a las 13:30 del mediodía, en un momento en el que esta vía suele soportar un alto tráfico. Un particular avisó al 112 que movilizó a los servicios de Urgencias médicas – 061, a la Policía Local, la Guardia Civil y al GES de Padrón para retirar el vehículo del medio de la calzada y regular el transito de vehículos en la zona.
Diario de Arousa
Sin Categoria
Valga convoca unha nova edición do Ferro Couselo.

Os traballos poden presentarse ata o día 25 de abril nas dúas modalidades habituais
OConcello de Valga ven de convocar un ano máis unha nova edición do premio Xesús Ferro Couselo, un certame que cumpre vinte e cinco anos promovendo a cultura e a investigación e homenaxeando a esta insigne figura da cultura galega e Fillo Predilecto do municipio.
Os traballos poden presentarse ata o día 25 de abril nas dúas modalidades habituais. Á primeira, dotada con 4.000 euros, poden concorrer traballos de investigación de ámbito galego, dentro das especialidades de etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía, historia e historia da arte. As obras deben estar escritas en galego, ser inéditas e que non teñan obtido ningún premio anteriormente. A extensión mínima será de 50 folios e a máxima de 300.
Na segunda modalidade convócase unha bolsa de estudos para proxectos centrados en estudos histricos, etnográficos ou sobre persoeiros do municipio de Valga. Os participantes deben presentar un guión razoado no que detallen os obxectivos que pretenden acadar co traballo, a metodoloxía a empregar e as distintas fases de realización. Esta bolsa está dotada con 3.000 euros. O 25 % desta cantidade entregarase unha vez fallado o premio e o 75 % restante ao remate do traballo.
Os participantes en calquera das dúas modalidades deben dirixir os seus traballos ao Rexistro de Entrada do Concello de Valga entregando cinco copias tamaño A4, con fonte Arial tipo 12 e interliñado simple. É imprescindible presentar os traballos baixo un lema, que tamén figurará no exterior da plica na que se incluirán o nome e apelidos do autor, enderezo e teléfono. Os gañadores daranse a coñecer a finais do mes de xullo, no aniversario do nacemento de Ferro Couselo.
O xurado
O xurado estará constituído por catro especialistas no campo da investigación designados pola comisión de Cultura do Concello, que se reservará para si a presidencia e a secretaría. Se o considera pertinente, o xurado poderá dividir o premio, concedéndollo como máximo a dúas obras. Tamén poderá declarar deserto o certame se os traballos non acadan a calidade desexable.
As obras premiadas quedarán en poder do Concello de Valga, que se reserva o dereito de publicación.
La Voz de Galicia