No seguinte enlace pódese descargar o boletín:
http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=606
Na Orde do 17 de marzo de 2014 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 59 do 26/marzo/2014) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A VERÁN-2014? para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 35 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.
O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos remata o vindeiro 10 de abril, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.
Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
Este xoves 27 de marzo (de 20 horas ata as 4 ou 5 da madrugada)no programa decano das orquestras galegas «Palco de Estrelas»-Radio Valga 107.9 FM, que dirixe e presenta Daniel Seijas, ademais dos seus habituais espacios, entrevistará en directo ós 4 novos cantantes da orquestra Palladium de Vilalonga, a Edu,Maria José, Isabel e Angel. Os ointes poderán tamén falar con eles en directo chamando ó 986 55 97 36.
A emisora tamén pode escoitarse por internet dos seguintes xeitos :
http://www.raddios.com/4322-radio-valga
http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434
http://www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargando algunha destas 3 app : tunein , radios.net ou radio.es
Resultados desiguales de los equipos alevín masculino y femenino del CB Extrugasa Río Ulla. Los chicos ganaron al Peixe Galego (36-30), con Francisco (12 puntos) y Jon Ander (10) como máximos anotadores; y las chicas cedieron ante Carril (50-36), con Paula (9) como máxima anotadora.
Diario de Pontevedra
No día de onte, 25 de marzo, rematou o prazo de exposición pública da aprobación inicial da ORDENANZA REGULADORA DA VENDA AMBULANTE EN MERCADOS PERI?DICOS EN PONTECESURES; sen que durante este prazo se producise nengunha alegación.
Polo tanto, a aprobación desta ordenanza pasará a ser definitiva ao día seguinte da publicación do seu texto íntegro no B.O.P. (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra) entrando en vigor nese mesmo día, a partir do cal xa se poderán facer solicitudes por parte dos vendedores ambulantes.