𝗗𝗮𝗺𝗶á𝗻 𝗦𝗲𝗿𝗿𝗮𝗺𝗶𝘁𝗼 𝗘𝘀𝗽𝗲𝗿𝗼𝗻, 𝘀𝘂𝗯𝗰𝗮𝗺𝗽𝗶ó𝗻 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝗽𝗮ñ𝗮 𝗱𝗲 𝗟𝗼𝗶𝘁𝗮 𝗦𝗮𝗺𝗯𝗼.

Damián Serramito, veciño de #Pontecesures de 13 anos, vén de proclamarse subcampión de España de Loita Sambo no campionato celebrado en Langreo (Asturias) este 11 e 12 de marzo. Damián, do Judo Club Senín e que adestra no ximnasio do CPI Pontecesures, participou na categoría escolar de menos de 38 quilos, formando parte da Selección Galega e como o Campión de Galicia que é. Parabéns campión.

Concello de Pontecesures

𝐍𝐨𝐯𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐩𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐜𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐮𝐫𝐛𝐚𝐧𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐜𝐞𝐬𝐮𝐫𝐞𝐬.


O Concello de Pontecesures vén de colocar un total de 18 novas papeleiras para mellorar a recollida de lixo nas rúas Víctor García, Sagasta, San Lois e Portarraxoi. Están feitas en chapa de aceiro ao carbono, lacadas e rotuladas co escudo do Concello. Cunha cubeta interior de aluminio, teñen unha capacidade duns 50 litros e un sistema para a colocación das bolsas do lixo semellante ás xa instaladas na Praza do Coche de Pedra, na Travesía do Muelle e na contorna do mercado.

Concello de Pontecesures