La AP-9 lastra la economía del Concello de Valga.

El Estado le obliga a devolver dinero por un IBI que no llegó a cobrar

La autopista AP-9 le sale cara a Valga. Este concello padece, como otros de Galicia, las consecuencias de un sistema que castiga duramente a las arcas locales. La autopista debería pagar una importante cantidad a este ayuntamiento en concepto de IBI, pero el caso es que solo abona el 5 % del total debido a las exenciones aprobadas por el Estado. «O goberno autoriza a exención do 95 % no importe do IBI á empresa que xestiona a autoestrada. O concello só ingresa o 5%, é dicir, o estado fai favores a conta dos concellos. Pero para maior gravidade aínda, á hora das distribución dos Tributos do Estado, computan como ingresos dos concellos como se ingresaran o 100 %», según explica el alcalde, José María Bello Maneiro. En función de estas cuentas, el Estado obliga al Concello a devolver 644.700; 381.944 euros correspondientes al año 2008 y 262.873 del 2009. Las devoluciones se están haciendo a razón de 6.365 euros al mes en el 2011. En el 2012, la carga será aún mayor: 10.746 euros al mes.
«Claramente isto é un atropelo, e así llo fixen saber ao director xeral de Coordinación Financiera coas Entidades Locais do Ministerio de Economía e Facenda na última reunión mantida. El recoñeceu que había un erro con Valga, pero non se corrixiu». En consecuencia, este concello ha interpuesto un contencioso administrativo que tardará aun años en resolverse. «E mentres, a ver como cubrimos as nosas necesidades», se lamenta el regidor popular.
Pese a todo, el ayuntamiento valgués goza de una situación bastante saneada. Cerró el 2010 sin deudas con los bancos y su único crédito, por valor de 984.000 euros, lo tiene con la Caixa de Anticipos de la Diputación, sin intereses y amortizable a 15 años. El nivel de endeudamiento se sitúa en el 29% y el remanente de tesorería es de 553.919 euros. Las deudas a proveedores suman 2,7 millones de euros y los derechos pendientes de cobro, 1,7 millones.
Según el alcalde, salvo excepciones, su política de pagar las facturas en un plazo máximo de 90 días sigue aplicándose y, a día de hoy, pese a las estrecheces económicas, no hay problemas urgentes de liquidez.
Bello Maneiro, que lleva veinte años como alcalde, dice no recordar un momento tan crítico en la financiación local como este. Tanto es así, que toca recortar. En Valga no se empezarán nuevas obras y las que están en marcha, como el edificio administrativo, están paralizadas mientras no llegue financiación externa.
La oposición reconoce que la situación financiera de Valga no es de las peores, pero no por ello deja de pedir al alcalde una política de contención del gasto. «Está claro que en Valga estamos mellor que noutros concellos pero temos un préstamo na Deputación e débeselle bastante a proveedores. Antes das eleccións incluso houbo problemas para pagarlle aos funcionarios», según indicó el portavoz del BNG, Xosé Manuel Martínez. La portavoz del PSOE, Carmen Coto, hace hincapié en un informe de Intervención según el cual «non se cumpre o obxectivo de estabilidade financieira». «Non me parece que o Concello estea tan saneado como di o alcalde. Hai que reducir gastos. Igual podía axustar o seu soldo tendo en conta que agora cobra como deputado. Neste concello hai gastos superfluos como o de facer a casa da Bella Otero. Penso que hai outras necesidades».
Cantidad que debe el Concello de Valga a sus proveedores
2,7
Millones de euros
Dinero que el Concello tiene pendiente de cobrar a efectos del año 2010
1,7
Millones de euros

LA VOZ DE GALICIA, 30/09/11

«Somos moi localistas, deberiamos intentar agrupar a maior parte de servizos».

Valga pode presumir de ter unhas contas bastante saneadas en comparación con outros concellos de ao redor. «Non quero dicir que eu sexa o mellor xestor que pode ter Valga, pero os concellos que non temos problemas de liquidez é porque axustamos os gastos e os ingresos», di o alcalde. Con todo, Valga non deixa de ter problemas. Os principais son o pago de máis de 644.700 euros ao Estado en concepto de devolución dos tributos e a débeda de case 800.000 euros que lle reclama o Concello ao Adif polas obras feitas para eliminar os pasos a nivel na vía do tren. Estas rémoras van minguar, e moito, a capacidade de gasto e investimento para o 2012. O que non vai haber, sostén José María Bello Maneiro, é subida de taxas ou impostos no 2012.

-¿Como van repercutir os recortes orzamentarios en Valga?
-No vindeiro ano vanse manter todo tipo de servizos. As previsións que estamos recompilando para iniciar a redacción dos vindeiros presupostos prevé o mantemento de todos eles.

-Pero dalgún sitio haberá que quitar.
-Haberá que ir eliminando algunha cousa, pero as básicas, como a educación e servizos sociais, vanse seguir mantendo porque entendemos que son prioritarias. Haberá que adaptarse ás circunstancias.

-Por de pronto, xa teñen paralizada a construción do edificio de usos administrativos por falta de cartos…
-Si, porque o edificio administrativo non é prioritario. Aínda que no Concello esteamos apretados, podemos traballar. Pero o resto das obras, sobre todo as de saneamento, vanse manter.
-¿Non cre que quizais se gastou moito en cemento nos últimos anos en detrimento de inversión produtiva?
-Houbo momentos como cando foi co Plan E que si se gastou en cemento, en obras que non eran prioritarias, pero había que gastar eses cartos porque senón os concellos os perdían.

-Fálase moito da necesidade de reformar o sistema de financiamento local, ¿que opina?
-Eu son partidario de que ten que haber un cambio. Os concellos teñen que ter outras aportacións. Na participación dos tributos do Estado hai que subir a porcentaxe. O que non ten sentido é dar servizos para os que os concellos non teñen competencias, como os servizos sociais. Nós, por exemplo, temos o centro de discapacitados desde hai anos, cando esta non é unha competencia do concello. Estamos dando servizos que son da Xunta ou do Estado. Outro exemplo é o da educación, onde asumimos os gastos de mantemento dos edificios, e conserxes…, sen ter competencias.

-¿Como ve a fusión de concellos?
-Iso é un tema bastante delicado. Somos moi localistas, e cada un de nós defendemos a capa e espada o noso territorio. Pero se as cousas están como están hai que ir reducindo persoal, e para reducir funcionarios sería necesario xuntar concellos, e especialmente aqueles de cen ou douscentos habitantes.

-Falando de fusións, a experiencia da Mancomunidade do Ulla non resultou moi ben…
-Eu teño experiencia de ter sido oitos anos presidente, e remítome a que somos moi localistas, e creo que non é positivo. Debemos intentar agrupar servizos, pero os alcaldes teñen que ter un compromiso serio de pagos e aportacións, non vale de nada mancomunar servizos se un non fai aportes, iso é o que provoca os problemas económicos.
«Haberá que eliminar gastos, pero en educación e servizos sociais vanse manter»
«Con plan E se gastou en cemento para obras que non eran prioritarias»

30/9/2011 – + Enviar Imprimir Volver Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , (0 votos) Envíando datos… Espere, por favor. Gracias. Valga pode presumir de ter unhas contas bastante saneadas en comparación con outros concellos de ao redor. «Non quero dicir que eu sexa o mellor xestor que pode ter Valga, pero os concellos que non temos problemas de liquidez é porque axustamos os gastos e os ingresos», di o alcalde. Con todo, Valga non deixa de ter problemas. Os principais son o pago de máis de 644.700 euros ao Estado en concepto de devolución dos tributos e a débeda de case 800.000 euros que lle reclama o Concello ao Adif polas obras feitas para eliminar os pasos a nivel na vía do tren. Estas rémoras van minguar, e moito, a capacidade de gasto e investimento para o 2012. O que non vai haber, sostén José María Bello Maneiro, é subida de taxas ou impostos no 2012.

-¿Como van repercutir os recortes orzamentarios en Valga?
-No vindeiro ano vanse manter todo tipo de servizos. As previsións que estamos recompilando para iniciar a redacción dos vindeiros presupostos prevé o mantemento de todos eles.

-Pero dalgún sitio haberá que quitar.
-Haberá que ir eliminando algunha cousa, pero as básicas, como a educación e servizos sociais, vanse seguir mantendo porque entendemos que son prioritarias. Haberá que adaptarse ás circunstancias.

-Por de pronto, xa teñen paralizada a construción do edificio de usos administrativos por falta de cartos…
-Si, porque o edificio administrativo non é prioritario. Aínda que no Concello esteamos apretados, podemos traballar. Pero o resto das obras, sobre todo as de saneamento, vanse manter.
-¿Non cre que quizais se gastou moito en cemento nos últimos anos en detrimento de inversión produtiva?
-Houbo momentos como cando foi co Plan E que si se gastou en cemento, en obras que non eran prioritarias, pero había que gastar eses cartos porque senón os concellos os perdían.

-Fálase moito da necesidade de reformar o sistema de financiamento local, ¿que opina?
-Eu son partidario de que ten que haber un cambio. Os concellos teñen que ter outras aportacións. Na participación dos tributos do Estado hai que subir a porcentaxe. O que non ten sentido é dar servizos para os que os concellos non teñen competencias, como os servizos sociais. Nós, por exemplo, temos o centro de discapacitados desde hai anos, cando esta non é unha competencia do concello. Estamos dando servizos que son da Xunta ou do Estado. Outro exemplo é o da educación, onde asumimos os gastos de mantemento dos edificios, e conserxes…, sen ter competencias.

-¿Como ve a fusión de concellos?
-Iso é un tema bastante delicado. Somos moi localistas, e cada un de nós defendemos a capa e espada o noso territorio. Pero se as cousas están como están hai que ir reducindo persoal, e para reducir funcionarios sería necesario xuntar concellos, e especialmente aqueles de cen ou douscentos habitantes.

-Falando de fusións, a experiencia da Mancomunidade do Ulla non resultou moi ben…
-Eu teño experiencia de ter sido oitos anos presidente, e remítome a que somos moi localistas, e creo que non é positivo. Debemos intentar agrupar servizos, pero os alcaldes teñen que ter un compromiso serio de pagos e aportacións, non vale de nada mancomunar servizos se un non fai aportes, iso é o que provoca os problemas económicos.
«Haberá que eliminar gastos, pero en educación e servizos sociais vanse manter»
«Con plan E se gastou en cemento para obras que non eran prioritarias».

LA VOZ DE GALICIA, 30/09/11

Malla do trigo en Valga.

Os manles volveron a bater onte sobre o a palla de trigo no patio do colexio Ferro Couselo, onde se celebrou unha nova edición da malla dentro dos Encontros Interxeracionais promovidos polo Concello. Os maiores deron aos rapaces toda unha lección de como antano se traballaba o campo, cando as máquinas eran aínda unha utopía.

Con traxes tradicionais

n Os escolares foron ao baúl das súas avoas en busca de prendas tradicionais para non desentonar durante a representación da malla.

Música de pandeireta

Non todo vai ser traballo e para bater ben, con gañas e ritmo fixeron falta os sons tradicionais da nosa terra: a música de pandeireta e o batir das cunchas xunto con algunha que outra copla.

DIARIO DE AROUSA, 30/09/11

Recital de «manles» en Valga.

A malla do trigo fíxose onte no patio do colexio Ferro Couselo de Valga.

Nenos e vellos rememoraron a tradicional malla do trigo

Autor:
Os manles volveron petar contra a palla. O fixeron a conta da escenificación da malla do trigo que se organiza cada ano en Valga co fin de recuperar a tradición do agro galego. No outono pasado sementaron, en xuño recolleron a colleita e onte tocou separar o grao da planta. O seguinte será a moenda e logo virá a cocción do pan no fin de festa, con degustación incluída.
A asociación Axentiva e colaboración co Concello leva catro anos con esta experiencia, na que se lle da o protagonismo a vellos e pequenos. José Burés, José do rato como se lle coñece por alí, non fallou onte. A pesar dos seus 94 anos e dos achaques fixo voar o manle xunto con Bienvenido, Ricardo, José, os dous antonios e tres manolos. Non faltou o chiquito para tomar folgos e un público formado por nenos dos colexios Ferro Couselo e Baño, o alcalde e un fato de veciños como Lita e Carmen, que din estar encantadas de vivir esta volta ao pasado.

LA VOZ DE GALICIA, 30/09/11

Información para consultas e modificación de datos no padrón municipal de habitantes.

Información ós/ás veciños/as sobre o contido dos seus datos padroais

Aprobada, por Resolución da Alcaldía de data 16/09/2011, a revisión dos datos padroais deste municipio,  notifícase colectivamente que, a efectos da información ós/ás veciños/as polo menos unha vez cada cinco anos sobre o contido dos seus datos padroais que establece o artigo 69.3 do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, na súa redacción dada polo Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro, a partires de hoxe e ata o día 31 de decembro de 2011,  os/as veciños/as poderán consultar nas oficinas municipais e sempre persoalmente, os seus datos persoais.

Transcorrido este prazo o Concello dará por cumprida a obriga, lembrando, sen embargo, que nas oficinas municipais do Padrón de Habitantes, os veciños/as sempre poderán consultar e modificar se fose preciso, so seus datos padroais persoais.