
Sin Categoria
MÁIS DE 300 PERSOAS CELEBRARON NO PARQUE IRMÁNS DIOS MOSQUERA O XXIV ANIVERSARIO DE RADIO VALGA.
– Unha comida, xogos populares, inchables e actuacións musicais foron as actividades programadas
– O alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Pedro Calvo e José Lagos asistiron en representación municipal

O Parque Irmáns Dios Mosquera foi o punto neurálxico das celebracións do vixésimo cuarto aniversario da radio municipal. Máis de trescentas persoas déronse cita para participar nos festexos, que incluíron un xantar popular e outras actividades culturais e recreativas coma actuacións musicais e xogos. En representación do Concello asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros José Lagos e Pedro Calvo, que ademais é locutor de Radio Valga.
A Banda de Música Municipal de Valga foi a encargada de amenizar a sesión vermú dunha actuación dirixida por Manuel Villar Touceda. O xantar, a cargo de Lito Mambís, abriuse con empanada como entrante e, como pratos principais, degustáronse polvo á feira e churrasco con patacas e ensalada. Non faltaron a sobremesa e o café.
Unha vez rematada a comida, o director de Radio Valga, Héctor Bermúdez, coa axuda dunha man inocente, sorteou agasallos doados por empresas e casas comerciais colaboradoras: xamóns, pequenos electrodomésticos, carros para ir mercar e lotes de diferentes produtos foron algúns dos regalos que se entregaron aos afortunados.
Pola tarde non faltou a diversión, cun baile a cargo de Music Stars e Dúo Reflejos e tamén con xogos para maiores e cativos. A chave, a ra, a estornela ou o aro foron algúns dos xogos populares cos que se atreveron os moitos dos asistentes, mentres que os máis cativos tiveron inchables.
Concello de Valga
Sin Categoria
Bo detalle.

Os actuais propietarios da vivenda situada na rúa San Lois 10 de Pontecesures, teñen o detalle de rotular na fachada «Casa María Luisa».
Este edificio foi de María Luisa Mariño Lusquiños (finada en 2013 aos 95 anos) e do seu esposo Manuel Castromán Seoane. No baixo estivo instalado un establecemento de alimentación moitos anos, (a tenda de Castromán).
Sen dúbida un bo detalle.
Sin Categoria
O Concello de Pontecesures organiza unha xornada de xogos no Día das Letras Galegas.

Ás 17:30h realizáranse un compendio de xogos de temática agraria, que nos presentan un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos.
Os participantes nesta aventura compartirán os xogos con marionetas, habitantes de granxa e xigantes que contarán pequenas historias.
A pretensión é facerlle accesible, a través da diversión para calquera público, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.
Anímate a vivir un día das letras cheo de diversión con toda a familia!