O Encontro dos Maiores de Valga cumpre 25 anos cun xantar o 30 de abril.

A festa será no pavillón de Cordeiro e inclúe a actuación da Banda de música municipal de Valga

OEncontro cos nosos maiores de Valga cumpre este ano a súa edición número vinte e cinco o que supón un cuarto de século reunindo á poboación máis veterana do concello nunha xornada de confraternidade. A edición do 2023 terá lugar o vindeiro 30 de abril, domingo, no pavillón municipal de Cordeiro e nela poden participar os veciños que teñan cumpridos 65 anos ou que os cumpran durante este ano.

Nos últimos días informóuselles por carta da celebración da xuntanza, para a que se poden inscribir presencialmente no Concello, a través dos números de teléfono 986 55 94 56 (Concello) e 986 556 769 (auditorio) ou enviando un correo electrónico ao enderezo concello@valga.gal.

O prazo de inscrición remata o día 14 de abril. No caso de que algunha persoa que cumpra tanto o requisito da idade coma o de estar empadroado non recibira a carta do Concello, pode igualmente inscribirse dentro dese mesmo prazo.

O programa de actividades dará comezo ás 13 horas coa actuación da Banda de Música Municipal de Valga -na imaxe- no propio pavillón, onde a continuación terá lugar o xantar de confraternidade. No transcurso da xornada haberá sorteo de agasallos doados por casas comerciais e entidades de Valga e da contorna e tamén se entregará un recoñecemento ao home e a muller de maior idade que participen no Encontro e aos asistentes que estean de aniversario.

Por outra banda, estanse a quentar os motores para o Festivalga que organiza o CRA e polo que e invita aos veciños a gravar os seus vídeos con cancións que foran a Eurovisión. A gala será o 12 de maio e o prazo de inscrición ábrese o 29 de abril.

La Voz de Galicia

El Concello de Pontecesures pide a Xestur un estudio de tráfico para los accesos al futuro polígono.

Juan Manuel Vidal Seage es el alcalde de Pontecesures

El Concello de Pontecesures instará a Xestur a que elabore un estudio de tráfico sobre posibles afecciones a la red de carreteras del Estado, concretamente a la N-550, derivadas de la construcción del futuro polígono. El informe –según el Concello– debe incluir la conexión contemplada ya en el PXOM de 2003 a través de un vial desde la intersección de Doutor Mosquera con la N-550 hasta la rotonda de A Charca. Un acceso –dice el Concello– que ya fue propuesto por el equipo redactor del PXOM y que fue aprobado con los votos a favor de BNG y PSOE. El regidor cesureño, Vidal Seage, expone que “o que fai o Ministerio de Transporte no seu informe é lembrar a necesidade de presenar un estudio de tráfico xa que entende que o acceso único dende a N-550 podería supoñer unha alteración no nivel de servizo e seguridade viaria desta estrada”. El alcalde dice que el informe “é un máis dos informes sectoriais que require a instalación do polígono . Tal e como me comprometín coa veciñanza: se os informes son negativos, o polígono non se fará. Se, como neste caso, son cousas solucionables, o proxecto seguirá a súa tramitación cunha escrupulosa aplicación da normativa, xa que consideramos que é positivo para os seus veciños e veciñas».

Adelanta Vidal Seage que «dende o equipo de goberno de Pontecesures instaremos a Xestur a que presente unha proposta de reordenación e accesos conforme ao que require o Ministerio e que continúa co desenvolvemento do proxecto do parque empresarial, que consideramos fundamental para o desenvolvemento económico deste municipio». El regidor conservador considera que «é cando menos sorpresivo que un informe asinado hai oito meses, 19 de xullo de 2022, vexa a luz a menos de sesenta días das eleccións. Supoño que non foi filtrado con ningunha pretensión de axudar a socialistas e nacionalistas cesureños na súa teima de botar por terra o parque empresarial de Pontecesures».

Juan Manuel Vidal Seage se reafirma en que la creación de este polígono será beneficioso para los vecinos, pues permitirá la instalación de nuevas empresas y crear puestos de trabajo.

Diario de Arousa

Padrón estrea as súas festas de Pascua coa apertura de atraccións e concertos gratuítos.

Festas da Pascua de Padrón

Festas da Pascua de Padrón

Coas parcelas ocupadas, a apertura das atraccións e dos postos de feira no Espolón e no Campo do Souto, Padrón vístese de festa dende este domingo 2 de abril para celebrar a Pascua. Padroneses e visitantes poderán gozar durante quince días dunha completa programación pensada para todos os públicos e na que, unha vez máis, un bo número de concertos e verbenas gratuítos se sumarán a citas clásicas como a feira cabalar e as competicións deportivas. O pregón correrá a cargo do humorista David Amor.

“A Pascua celébrase por segundo ano como Festa de Interese Turístico de Galicia e o obxectivo de superarse a si mesma en cada edición”, salientou o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, quen lembrou que as festas de 2022 pecháronse cun gran éxito de participación e supuxeron todo un revulsivo anímico e económico. “Traballamos arreo coa intención de manter o nivel e facer unhas festas que satisfagan a todos os públicos”, engadiu o mandatario. O Concello padronés destina á Pascua preto de 200.000 euros.

El Correo Gallego

O BNG de Pontecesures analiza o informe do Ministerio de Transportes sobre o proxecto de polígono.

𝗘𝗺𝗶𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗼 𝟭𝟴 𝗱𝗲 𝗫𝘂𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟮, cómo é posible que o señor Seage descoñécese este informe? E se é coñecedor, por qué non llo traslada ós veciños?

𝐃𝐞𝐬𝐟𝐚𝐯𝐨𝐫𝐚𝐛𝐥𝐞 𝐨́ 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐢́𝐠𝐨𝐧𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐝𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐩𝐨𝐫 𝐟𝐚𝐥𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐍𝐀́𝐋𝐈𝐒𝐄𝐒 𝐄𝐗𝐇𝐀𝐔𝐒𝐓𝐈𝐕𝐀𝐒 sobre cómo vai afectar á seguridade e condicións de servizos da N-550

𝐏𝐫𝐞𝐜𝐞𝐩𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐞 𝐯𝐢𝐧𝐜𝐮𝐥𝐚𝐧𝐭𝐞, 𝐨́ 𝐪𝐮𝐞 𝐨𝐛𝐫𝐢𝐠𝐚 𝐚́ 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫 𝐮𝐧 𝐧𝐨𝐯𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 ou eliminar as saídas de vehículos do polígono á N-550, o que provocaría o colapso da PO-548, estrada a Vilagarcía

Un dos datos máis preocupantes. O aumento do tráfico que contempla o proxecto do polígono, 𝐨𝐛𝐫𝐢𝐠𝐚𝐫𝐢́𝐚 𝐚́ 𝐞𝐱𝐞𝐜𝐮𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐮𝐧 𝐄𝐍𝐋𝐀𝐂𝐄 𝐀 𝐃𝐈𝐒𝐓𝐈𝐍𝐓𝐎 𝐍𝐈𝐕𝐄𝐋 (𝐭𝐢𝐩𝐨 𝐬𝐜𝐚𝐥𝐞𝐱𝐭𝐫𝐢𝐜 𝐨𝐮 𝐩𝐨𝐧𝐭𝐞 𝐬𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚 𝐍-𝟓𝟓𝟎) aumento o impacto negativo sobre as casas pegadas á estrada.

Este informe do Ministerio de Transportes, reafírmanos na nosa posición contraria á ubicación do proxecto industrial neste lugar, e con este 𝐨𝐛𝐱𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐨, 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐝𝐞𝐫𝐞𝐢𝐭𝐨 𝐝𝐨𝐬 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐨𝐬 𝐚 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐯𝐢𝐝𝐚 𝐝𝐢𝐠𝐧𝐚, 𝐢𝐦𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐫 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐞 𝐥𝐨𝐢𝐭𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐛𝐞𝐧 𝐜𝐨𝐦𝐮́𝐧 𝐝o noso concello, 𝐪𝐮𝐞 𝐞́ 𝐨 𝐮́𝐧𝐢𝐜𝐨 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐞́𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐧𝐨𝐬 𝐦𝐨𝐯𝐞 𝐧𝐨 𝐁𝐍𝐆 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐜𝐞𝐬𝐮𝐫𝐞𝐬.

BNG Pontecesures