O programa das orquestras PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM dende hoxe e durante todo verán cambia de novo a súa emisión ós xoves.

O programa decano das orquestras galegas e das festas Palco de Estrelas,presentado e dirixido polo redondés Daniel Seijas, despois duns meses emitindose os venres, volve de novo ó seu día habitual dos xoves a partires das 20h ata que se faga día (a semana pasada acabou as 8.03 h) cas incesantes chamadas dos ointes festeiros que se comunican dende os diferentes puntos de Galicia (gracias a súa escoitadisima emisión online,a número 1 na súa franxa horaria) e incluso dende outros paises coma Suíza. Ademais da súa emisión dende a casa matriz Radio Valga 107.9 FM ,dende as 20.30h tamén emitirase, como é agora habitual, en cadea para as comarcas de Bergantiños,Terra de Soneira e Costa da Morte a través das emisoras Radio Neria de Corcubión 107.8 FM e Radio Roncudo de Corme 106.1 FM.
Palco de Estrelas sairá ó ar durante todo o verán os xoves, ata aproximadamente mediados de setembro, para voltar a emitir os venres no inverno.En pouco días ademais o programa cumplirá 11 anos consecutivos en antena,sen que nunca houbera «vacacións».

Tamén emisión online a traves de :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es

NOTA INTEGRA DA CONTESTACION ? SR. SEAGE POR PARTE DOS DELEGADOS SINDICAIS DO CONCELLO DE PONTECESURES

Pontecesures, 20 de xuño de 2016.

En relación ás declaracións efectuadas esta pasada fin de semana polo alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage nun medio escrito, os representantes sindicais deste concello queremos apuntar o seguinte:

1º.- Solucionar o ??problema? da RPT está o alcance do alcalde: Leve ó pleno e voten a favor a RPT que o concello de Pontecesures elaborou en 2015, e para a que se contrataron os servizos dunha empresa independente, polos que pagou o concello de Pontecesures case 6000 ? para redactar dito documento. Trala elaboración da RPT quedou plasmado algo que os sindicatos e os propios traballadores temos constatado: os salarios en Pontecesures están desfasados para os tempos nos que estamos, ó ser estes moi baixos en relación ó que se cobra noutros concellos de similar categoría. E a aprobación da RPT e a maneira legal para conseguir que os traballadores teñan uns salarios xustos. Polo tanto trátase de ??vontade política? querer aprobar a RPT para acadar unha ??xustiza salarial?. De datos, subidas, porcentaxes, etc teremos tempo de falar.

2º.-Di o sr. Seage de que vai afrontar esta situación dende unha estratexia de ??cocción a lume lento?. Coma ben sabe, moitas veces dilatar os conflitos fan que estes se enquisten, e non so non se avance na súa resolución, senón que as tensións sexan maiores. Tendo en conta que o concello contratou a elaboración da RPT hai 18 meses ??o arroz está mais que pasado?. A non ser que esa estratexia de dilatar esta negociación e posterior mellora salarial busque o de ??divide e vencerás? entre os traballadores.

3.- Xa fixo vde. bastante política cos salarios dos traballadores. Xa se dixeron moitas ??medias verdades?. E os traballadores/as seguen demostrando a súa profesionalidade coma sempre no desempeño doas súas tarefas. E de paso esperando que se afronte dunha vez as súas retribucións en función á categoría que cada quen ten. O demais son ??brindis ó sol?…

Os delegados sindicais.

Raquel López Doce ?? Delegada CIG do persoal laboral do concello de Pontecesures.

Luz Mª Freiría Caldelas ?? Delegada UXT do persoal laboral do concello de Pontecesures.

José Rodriguez Fructuoso – Delegado UXT do persoal laboral do concello de Pontecesures.

Ricardo Campos Saborido ?? Delegado CCOO persoal funcionario do concello de Pontecesures.

Hoxe venres á noite-madrugada estará a orquestra ABANICO no programa PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

O programa de radio Palco de Estrelas (dende as 20h ata 5 ou 7 da madrugada), que presenta e dirixe Daniel Seijas, que dende principios de abril trasladou temporalmente o día de emisión dos xoves ós venres (asi será ata mediados de xuño aprox.), contará hoxe á noite ca presencia en directo de parte dos compoñentes da orquestra Abanico de Rianxo. Estarán o seus cantantes,coma o coñecidísimo Jose Manuel Dominguez «Follarín», a ordense Tania Veiras (mellor cantante galega 2015 segundo os ointes de Palco de Estrelas) e o burgalés Daniel Sierra.Ademais estarán algúns dos seus musicos,coma o trombonista e escritor Morales.Ademais de producirse o programa en Radio Valga, emitese en cadea conxuntamente para a Costa da Morte-Bergantiños a través de Radio Neria de Corcubión 107.8 e Radio Roncudo de Corme (Ponteceso) 106.1 FM.abanico cortado

Tamén emisión online a traves de :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434
http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es