Valga presenta mañá as delicias valguesas, un bombón recheo de caña.

Co gallo da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, a asociación de mulleres rurais Albor, presenta como novidade este ano un produto denominado delicias valguesas, un bombón recheo de caña do país.
As delicias valguesas serán presentadas o venres ás 20.30 horas no museo histórico local da localidade e coincide coa inauguración da exposición de traballos de artesanía e traballos artísticos feitos polas mulleres rurais nos distintos obradoiros realizados ao longo do ano: pintura, bordado, punto de cruz e manualidades, entre outros.
A caña do país é a materia prima principal das delicias valguesas, a partir da cal se elaboran distintos licores de forma artesanal con sabores e aromas como kiwi, amora, toxo, figos, framboesa, guindas ou claudia, ademais das tradicionais variedades de caña branca, de herbas e tostada.
As delicias valguesas presentaránse nunha tartaleta de chocolate, que polo gusto doce e suave se converte nun ideal acompañamento para este tipo de postres.
Eventos toda a semana
Despois de que o calendario de actividades se abrise o mércores cun obradoiro sobre a pesca da anguía para os nenos, esta mañá haberá outro no que os máis cativos coñecerán a forma de elaboración da caña do país. A primeira selección das augardentes presentadas a concurso nas modalidades de branca, herbas e tostada, tamén se celebrará hoxe.
O venres albergará tamén outros espectáculos dirixidos a nenos e a adultos. Antes da presentación das delicias valguesas e a inauguración da exposición de artesanía das mulleres rurais, ás 17.00 horas eles serán os protagonistas, xa que disfrutarán dun festival infantil de xogos que rematará coa festa da espuma.
Máis tarde, ás 20.45 horas, procederáse a realizar a cata final das cañas e, case dun xeito simultáneo inauguraráse unha exposición de pintura da artista Marina Cocós. Media hora despois os asistentes poderán disfrutar da obra A cadeira voadora de Os 7 magníficos + 1.
Xa o sábado, pola mañá visitaránse os lugares presentados ao concurso O lugar máis fermoso do mundo e á tarde celebraráse a festa da bicicleta ás 17.30 horas. Á noite, a partir das 23.00 horas, haberá música até altas horas. O espectáculo comezará coa orquestra Impacto de Valga, que tamén será a que peche a noite. Logo ofreceráse unha queimada popular gratuíta e unha gala musical na que participarán o grupo musical M-3 de Vigo, Lucía Pérez, Nuria Fergó e La Guardia.
O domingo será o día do peche das festas, no que os actos máis destacables son a demostración da elaboración da caña, a lectura do pregón a cargo de Luís Zahera, a entrega de premios e a degustación da anguía.

LA VOZ DE GALICIA, 26/08/10

Algueirada participará en la Muestra Folklórica de Lugones (Asturias)

En la tarde del sábado, 28 de agosto», se celebrará en Lugones (Asturias) la XXVII Muestra Folclórica Internacional Lugones 2010, con la participación de los siguientes grupos:

*- Agrupación Folklorica «El Cuelebre» de Lugones – Principado de Asturias.

*-Mariachi Hispanoamerica.

*- Grupo de Danzas y Gaitas «COLUMBRIANOS» de El Bierzo – León

*- Oinkari Dantza Taldea de Villabona – Guipuzkoa

*- Grupo Tradicional de Musica y Danza «ALGUEIRADA» de Pontecesures – Pontevedra.

*- Grupo de Baile y Gaitas «TEIXO» Manolo Quiros – de Barcena – Quiros – Principado de Asturias.

*- y la Agrupacion folklorica «LA SIDRINA» de Lugones – Principado de Asturias.

El grupo folclórico cesureño esta ultimando la preparación para ofrecer en esta importante cita actuaciones de gaita, pandereta y danza tradicional gallega.

O sábado 28 de agosto, Romaría das Milagres en Requián.

Xa o venres día 27 de agosto actuará un grupo sorpresa no campo da festa.
O día 28, día da Virxe das Milagres, haberá misas de hora en hora, de 8 a 13 horas. A das 11 horas será en galego e a das 13 horas, solemne. Pola tarde as misas serán rezadas ás 18, ás 19 e ás 20 horas.
As actuacións musicais serán a cargo da Charanga Xirimbao e da Banda de Música Cultural da Estrada. Na verbena, que comezará ás 21 horas, actuarán as orquestras LIM?N e CABARET.
O domingo, 29 de agosto, celebrarase o día de Nosa Señora da Piedade, con misa solemne ás 13 horas, sesión vermouth a cargo do grupo ALKAR, e verbena nocturna a cargo deste grupo e de ACH?.

Pontecesures recibe unha suvención de case 5.000 euros para sufragar gastos de persoal da OMIX.

A Dirección Xeral de Xuventude, ven de conceder ao Concello de Pontecesures unha subvención de 4.959,71 euros para sufragar en 2010 parte do custo do persoal da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontecesures que está situada no primeiro andar do edificio da Casa do Concello.
A través de dita oficina ofértanse diversas actividades para xoves e facilítase todo tipo de información aos mesmos sobre iniciativas, axudas oficiais, etc…