Deserto o premio do concurso «Busca do Tesouro» das Festas de Porto 2010.

O concurso, celebrado o sábado 14 de agosto, tivo unha gran participación (nada menos que 14 equipos de 5 ou 6 integrantes). Houbo pistas en moitos lugares de Pontecesures como o Camiño do Regadío, Carreiras, rúa do Pilar de San Xulián, Ponte Romana, etc…e o tesouro estaba no parque da praza dos Valeiros de Porto. A proba foi moi divertida, pero como houbo persoas que fixeron desaparecer nos lugares as bolsas coas pistas para varios dos equipos que tiñan que seren presentadas ao final, o xurado considerou que o premio de 200 euros quedase deserto.
A impresión dos participantes foi moi boa, e para novas edicións vanse tomar medidas para perfeccionar o sistema co obxecto de que non se repitan as incidencias do sábado pasado.

Unha avaría nesta mañá do 15 de agosto, motivou un corte de auga na rúa Patifas.

Entre ás 8 e as 11 horas de hoxe, 15 de agosto, non tiveron auga os veciños dunha marxe da rúa Patifas, por mor dunha avaría que xa foi arranxada. As tubarías nesta rúa están deterioradas e cada vez é máis necesaria a renovación da conducción que se vai levar a cabo dentro da obra de acondicionamento da rúa Patifas (actuación do fondo anticrisis da Deputación).