Hoxe mércores á noite-madrugada estará a orquestra LA F?RMULA no programa PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

la formula 2016Coma é habitual cando o xoves é festivo o programa Palco de Estrelas adiántase ó mércores. Desta vez no programa decano das orquestras de Galicia, que se emite dende as 20h ata as veces as 7 e pico da madrugada en Radio Valga 107.9 FM, Radio Roncudo de Corme 106.1 FM e Radio Neria de Corcubión, contará ca presencia en directo dos integrantes dunha das orquestras do momento, a orquestra La Fórmula, da que forma parte o noso veciño de Cesures Fran Moreiras (director musical e teclista) e cantantes coñecidos coma Miguel Caldas, Jorge Ferre (ex-Panorama), o percusionista Yanko Tortoló, Yenina Alonso, Diana Gago, Jonathan Enrique e David «El Melaza». Ademais o programa contará cas ultimas bombas e exclusivas do mundo das orquestas,concursos,os santiños,chamadas en directo e o que lle cadre.
Tamén emisión online a traves de :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net

ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es

Hoxe xoves 10 de marzo, co gallo da Festa da Lamprea, estará á noite a alcaldesa Cecilia Tarela e a concelleira de Cultura Maria Teresa Tocino no programa PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

Hoxe xoves no programa das festas e orquestras Palco de Estrelas, que dirixe e presenta Daniel Seijas en horario de 20h e ata ás 5 ou 6-7 da madrugada, que se emite en Radio Valga 107.9 FM conxuntamente en directo tamén para a zona da Costa da Morte (comarcas de Bergantiños,Terra de Soneira, Fisterra e Muros) a través das emisoras Radio Neria de Corcubión 107.8 FM e Radio Roncudo de Corme 106.1 FM, contará ca presencia da alcaldesa de Pontecesures Dona Cecilia Tarela e a concelleira de Cultura Dona María Teresa Tocino para falar da XXI edición da Festa da Lamprea asi coma doutros asuntos. Estarán en directo aproximadamente a partires das 22.30h. Ademais coma sempre no programa sonaran as últimas novidades musicais festeiras das orquestas,chamadas en directo, as «bombas» sobre os cambios nas orquestras,os santiños,a axenda festeira e o que lle cadre.

Tamén emisión online a traves de :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es

XA TEMOS GA?ADORES NO CONCURSO DAS TAPAS DE MATANZA

Efectuado hoxe ó mediodia o sorteo dunha cesta de productos típicos ??da matanza? entre todos/as os/as participantes no concurso ??Tapas de Matanza? que depositaron o boleto nalgun dos establecementos hostaleiros, resultou gañadora SANDRA IGLESIAS ESPADAS.
Asimesmo, no reconto de votos emitidos para saber que establecemnto saiu elixido coa tapa gañadora, Amadou o maior número de votos, sendo polo tanto o gañador, a GASOLINERA A PALMEIRA.

O listado de votos foi o seguinte:
1º.- A Palmeira 14 votos
2.º- Casa Chaves 12 ?
3º.- Banhoff 5 ?
4º.- Pizzeria Bambino 4 ??
5º.- Isidro 4 ?
6º.- O Meco 3 ?
7º.- Café Bar Mambís 1 ?
8º.- Nu-2 1 ??
9º.- Carabela 1 ??

Contabilizáronse tamén 3 votos nulos.

A última hora da mañá e hoxe os premiados pasaron a recoller os premios.

sandra. webjpg

Sandra recolleu seu premio, unha cesta de productos da matanza de mans d alcaldesa, Cecilia Tarela.

Pepe web

José, o encargado da gasoliñeira A Palmeira, recolleu de mans do concelleiro de promoción económica Roque Araujo, o diploma acreditativo de ter gañado o concurso de tapas.

premiados web

Foto dos premiados na edicion de 2015.