Hace 50 años: Piñeiro Ares, corresponsal de «El Correo Gallego» informa sobre la muerte de una niña en el Sar.

AHOGADA EN EL RÍO SAR

Una niña de dos años, Maricarmen Jamardo Oliveira, falleció ahogada en el río Sar, en el lugar llamado Paraíso. Iba en compañía de la joven Pilar Túñez, de 14 años. José Piñeiro, corresponsal en Puentecesures, firma la crónica de un suceso que ha conmocionado a la comarca padronesa.

EL CORREO GALLEGO (Hemeroteca). 18/03/10

Vólvense a lucir

Relegan a festa da lamprea do Ulla a despois da tempada de extración por decisión da empresa de Vigo Eventos del Motor

O BNG de Pontecesures quere manifestar a súa oposición as datas elixidas polo goberno municipal para a celebración da Festa da Lamprea os vindeiros 17 e 18 de abril.

Ao noso entender estas datas son un auténtico despropósito xa que a data tope de captura de lamprea no río Ulla é o 15 de abril. Preguntámonos pois de donde van vir as lampreas e que sentido ten promocionar un producto despois do peche da temporada de pesca do mesmo. Está claro que este desgoberno da Alcaldesa Maribel Castro pretende comprar a lamprea aos mesmos intermediarios de sempre recaendo o beneficio nos seus apoios electorais, perxudicando e non apoiando ao colectivo de valeiros que capturan a lamprea no Ulla.

Por outra banda, a Festa da Lamprea faise coincidir no calendario ca Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión; esa feira que inventou o desgoberno municipal para perxudicar á Fegaclassic promovida por xente do pobo. Esto obviamente deixa nun segundo plano a Festa da Lamprea quedando marxinada e supeditada á celebración de outro evento.

O BNG ten coñecemento de que a data elixida foi imposta pola empresa Eventos del Motor (de Vigo) ,que é quen organiza a Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión, quedando unha vez máis o desgoberno municipal e a Alcaldesa como auténticos incompetentes que deixan o promoción turística do noso pobo en mans dunha empresa privada que so busca o beneficio propio.

Pontecesures a 17 de marzo de 2010
Grupo Municipal do BNG de Pontecesures

Iniciativa do CPI Pontecesures para dotar de árbores e prantas ao recinto escolar.

Baixo a dírección do profesor de galego se secundaria Jesús Amboage García, e coa colaboración dos outros docentes e dos alumnos, se están a prantar nestes días no patio escolar do CPI Pontecesures 30 árbores autóctonos (carballos, freixos, ameneiros, bidueiros, castiñeiros…), e un considerable número de prantas (azaleas e outras especies aromosas). Con estas últimas preténdense habilitar unhas zonas axardinadas preto dos edificios do centro, recuperando, incluso, unhas vellas xardiñeiras que estaba inutilizadas.
Os alumnos están a acoller con gran ilusión os traballos. Cada aula está a «apadriñar» a cada unha das prantas e así os nenos/as encargánse do rego e mantemento nos recreos. Incluso fixéronse xestións para que, no verán, algúns nenos, e persoal de limpeza do Concello, se encargue destas tarefas.
Con esta actuación educativa, que é financiada polo centro, trátase de espertar o interese dos alumnos polo medio ambiente, de humanizar o patio, e de facer máis atractivo este espazo para toda a comunidade educativa.

Un autobús causou danos onte nunha beirarrúa da rúa San Lois.

Sobre ás 8 de mañá do día de onte, un autobús que se atopaba estacionado fronte a parada de bus da rúa San Lois (se estaba a pintar), danou bordillos da beirarrúa preto da tenda de golosinas, e para non maniobrar saiu por enriba da beirarrúa fronte á tenda de calzados, sen precaución algunha.
Habia testemuñas, e no día de onte a Policía Local púxose en contacto coa empresa de autobús para que respondese dos danos que se están a avaliar. Seguen as xestións, e os bordillos serán repostos nos vindeiros días afrontando, ao parecer, os mesmos, a compañía aseguradora do autobús.

Randulfe confía en que los trabajos de mejora del muelle estén finalizados a principios de verano.

El Portavoz del PP y teniente de alcalde de Pontecesures, Rafael Randulfe, confía en que las obras de mejora que Portos de Galicia ejecuta en el muelle de Pontecesures estén finalizadas a principios de verano, «para poder recibir a los peregrinos que realicen la Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla», Y ello a pesar de que el mal tiempo y la crecida del río impidieron que los trabajos comenzasen en los plazos previstos.
fue el martes cuando los operarios y las máquinas iniciaron la limpieza y retirada de piedras en las rampas de la zona portuaria para proceder a su ampliación y facililtar así el acceso de embarcaciones, ya sean de recreo, deportivas o de pescadores, aunque la marea esté baja. Otra de las actuaciones previstas son la limpieza del malecón y del cauce fluvial y la mejora de la seguridad vial con la colocación de bandas reductoras de velocidad.
Randulfe apunta que las obras se enmarcan dentro de 2un proyecto más ambicioso que continua´ra con la instalación de barandillas, la ampiación de aceras y la remodelación integral de todo el muelle»

DIARIO DE AROUSA, 18/03/10