Política
Carmen Cajide: «Volto ao Parlamento Galego con ilusión».
Este mediodía a nova deputada «in pectore» do PSdeG-PSOE, que vai substituir a Emilio Perez Touriño, manifestou que estaba moi ilusionada co regreso á cámara galega e que xa ten experiencia sobre o funcionamento da institución (foi parlamentaria na lexislatura 2004/2008).
Tamén manifestou Carmen Cajide que neste último ano, a pesar de non seren elixida deputada, estivo en contacto con todas as agrupacións socialistas do Ulla-Umia para coñecer a problemática e as necesidades dos distintos lugares. Por último manifestou: «Espero facer un bo traballo, e ser útil para a comarca e para o Parlamento».
Curiosidades
Un cabalo causa pequenos danos a un vehículo estacionado na Avda. de Vigo.
A primeira hora da tarde un cabalo que se atopaba nunha finca situada a carón de edificio onde está a libraría Palermo, case fronte Electrofer, achegouse ao marxe da N-550 e causou pequenos danos a un vehículo estacionado.
Eran dous os cabalos que estaban na finca, pero un soltouse. A Policía Local localizou ao dono dos animais co fin que adoptase as medidas oportunas para que os cabalos non estivesen soltos e para que respondese do dano causado.
Concello
O BNG de Pontecesures solicita a comprobación do expediente da obra do regato da Chancela.
Na mañá de hoxe, a concelleira nacionalista, Cecilia Tarela, en representación do BNG de Pontecesures, solicitou a comprobación do expediente da obra que se está a realizar no regato da Chancela.
Xa lle foi comunicado que mañá mesmo, 11 de marzo, pode facer as comprobacións oportunas na Casa do Concello, onde está á súa disposición:
1. Convenio do PEIM do 2009 asinado entre o Concello de Pontecesures e a Consellería do Medio Rural onde aparece reflectida a obra en cuestión: «Acondiconamento e rexeneración ambiental do entorno do regato da Chancela. 1ª Fase».
2-Posta a disposición de Medio Rural dos terreos necesarios para realizar a obra e autorizacións dos particulares dos terreos próximos ao regato para levar a cabo a actuación da maquinaria.
3-Autorización de Augas de Galicia.
O proxecto, os datos da dirección da obra e os da licitación para a selección do contratista están na Consellería do Medio Rural, que foi o adxudicatario da obra. De todos os xeitos realizaranse xestións para que os representantes nacionalistas coñezan os detalles da obra que se está a realizar,. que comezou a proxectarse, precisamente, en tempos do goberno bipartito da Xunta de Galicia.
Turismo
O venres, 12 de marzo, noméase ao novo presidente da Fundación da Ruta Xacobea Mar de Arousa Ulla.
Será ás 14:30 horas no Hotel de San Francisco de Santiago cando se reunan os membros da Fundación da Ruta Marítimo Fluvial Xacobea Mar de Arousa Ulla. Como asunto máis importante da orde do día figura o nomeamento do novo presidente que vai substituir a José Luis Sánchez-Agustino recentemente falecido.
Tamén vaise decidir o venres a data do remonte oficial polo río Ulla 2010 e os detalles deste acto.
Política
Carmen Cajide pode ser de novo diputada tras a renuncia de Touriño.
O ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentou hoxe a súa renuncia coma deputado do Parlamento de Galicia. Como na lista do PSdeG-PSOE por Pontevedra saíron elixidos 7 diputados/as e Touriño era o cabeza de lista, ábrese a posibilidade de que Carmen Cajide, cuntiense, que ía de 8ª na lista coma principal representante dos socialistas de Ulla-Umia na candidatura, se incorpore como deputada no Parlamento.
Carme Cajide é na actualidade responsable do área de igualdade da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE.