O BNG de Pontecesures solicita a comprobación do expediente da obra do regato da Chancela.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na mañá de hoxe, a concelleira nacionalista, Cecilia Tarela, en representación do BNG de Pontecesures, solicitou a comprobación do expediente da obra que se está a realizar no regato da Chancela.
Xa lle foi comunicado que mañá mesmo, 11 de marzo, pode facer as comprobacións oportunas na Casa do Concello, onde está á súa disposición:
1. Convenio do PEIM do 2009 asinado entre o Concello de Pontecesures e a Consellería do Medio Rural onde aparece reflectida a obra en cuestión: «Acondiconamento e rexeneración ambiental do entorno do regato da Chancela. 1ª Fase».
2-Posta a disposición de Medio Rural dos terreos necesarios para realizar a obra e autorizacións dos particulares dos terreos próximos ao regato para levar a cabo a actuación da maquinaria.
3-Autorización de Augas de Galicia.
O proxecto, os datos da dirección da obra e os da licitación para a selección do contratista están na Consellería do Medio Rural, que foi o adxudicatario da obra. De todos os xeitos realizaranse xestións para que os representantes nacionalistas coñezan os detalles da obra que se está a realizar,. que comezou a proxectarse, precisamente, en tempos do goberno bipartito da Xunta de Galicia.


5 comentarios

Tiroliro II · 12-03-2010 a las 19:51

Manda huevos con esta cecilia, o seu jefe Angueira tardaba mais de tres meses en deixar ver algo a sabariz e este pon a outra mejilla dándolle todo ao día siguiente, compara checha a democracia a educación e a transparencia dun e doutro, o día e a noite, e dillo, dillo ao pobo, quen e correcto e legal e quen un trapicheiro

laranxa · 16-03-2010 a las 13:11

Pero…houbo troco de Alcaldesa por Alcalde??…eu sen enterarme!!Soio un apuntamento,o derito de consulta de expedientes esta recoñecido por lei .Unha recomendación «Tiroliro II»,huevos en galego dise «ovo»,mejilla «meixela»…merca un diccionario senon non estaras a altura do decreto plurilinguismo!!

sobreiras · 16-03-2010 a las 16:49

E plurilinguismo, escríbese así : plurilingüismo

sobreiras · 16-03-2010 a las 16:52

O dereito de consulta por lei pasabao o Sr. Alvarez polo forro, e os expedientes tardaba meses en darllos a oposición. ¡Que pouquiña memoria tendes!. Unha das súas frases favoritas era : «En política vale todo».

outro · 16-03-2010 a las 17:29

Recomendamos «ovos» e «meixelas» ó mesmo tempo que dicimos «soio» (S?), e «derito» (supoño que DEREITO), ademáis do xa citado «pluringuismo». Iso por non falar da acentuación e das contraccións. Aquí non somos profesores, así que mellor non dar clases.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.