Murió Agustín Lafuente Lafuente.

A los 65 años falleció este vecino de Carreiras. El velatorio está instalado en el Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Hoy jueves 8 de diciembre, a las 17:00 horas, tendrá lugar el funeral en la Iglesia de Pontecesures. A continuación los restos mortales recibirán la sepultura en el cementerio parroquial de Santa Columba de Louro (Cordeiro).

Descanse en paz.

𝑨 𝑽𝒂𝒍𝒆𝒅𝒐𝒓𝒂 𝒅𝒐 𝑷𝒐𝒃𝒐 𝒆𝒔𝒊𝒙𝒆 𝒓𝒆𝒔𝒑𝒐𝒔𝒕𝒂𝒔 ó 𝒔𝒆ñ𝒐𝒓 𝑺𝒆𝒂𝒈𝒆 𝒔𝒐𝒃𝒓𝒆 𝒂 𝒔𝒊𝒕𝒖𝒂𝒄𝒊ó𝒏 𝒏𝒂 𝒓ú𝒂 𝑬𝒔𝒕𝒂𝒄𝒊ó𝒏.


O vindeiro mes de marzo cumpriranse tres anos dende a primeira vez que o BNG de Pontecesures levou ó pleno do concello de Pontecesures un problema, daquela incipiente, na rúa Estación. Tres anos, durante os cales, nunca deixamos de solicitar ó señor Seage que buscase solucións a un problema, o de acumulación de enseres e lixo na vía pública, que foi agravándose día a día, como se pode apreciar nas fotos.
Ante a pasividade amosado polo equipo de goberno ante esta situación, veciños da rúa Estación acudiron á Valedora do Pobo para trasladarlle o grave problema que viñan padecendo.
As queixas foron estudadas e a Valedora ven de esixir ó señor Seage respostas sobre este tema así como que é o que está facendo (se é que está facendo algo…..) para solucionalo.
Coa súa soberbia habitual, o alcalde adiantou no pleno do pasado luns que non contestará á Valedora ata que atope unha solución que él considere oportuna.
Somos optimistas e, agardamos, que esta chamada de atención vala, polo menos, para mellorar a situación dos veciños afectados.

BNG de Pontecesures

Pontecesures programa dúas obras de teatro para a cativada.

O Concello de Pontecesures ten previstas dúas sesións gratuítas de teatro infantil para os próximos venres 9 e 16 de decembro, ás 19:30 horas, no centro social. A primeira actuación será «O lobo e a lúa», un espectáculo de Baobab. O segundo, «Fazulas e o ladrón de paraugas», é un espectáculo familiar no que Fran Campos mestura narración, monicreques e música para o goce da cativada.

La Voz de Galicia