VOLTA CICLISTA A GALICIA EN PONTECESURESXOVES 15 DE SETEMBRO DE 2022.

O próximo xoves 15 de setembro, entre as 14:00 h e as14:30 h, pasará preto do CPI de Pontecesures, a Volta Ciclista a Galicia.

O percorrido que está marcado en vermello, será o que fagan os ciclistas. Baixarán pola carretera da Estrada (PO214) e no cruce, preto de Comercial Moncho, dirixiranse a Vilagarcía, a través da N550.

Como coinciden os tempos de saída do alumnado de infantil e primaria (14:05 h) cos tempos do percorrido da Volta Ciclista preto do centro (14.00 h-14:30 h), para evitar demoras e dificultades nos accesos, todo o alumnado de infantil e primaria incluido o transporte escolar destas etapas, sairá o xoves 15 ás 13:30 h.

Ditos tempos non lles afectará ao alumnado de ESO nin ao seu horario de transporte escolar, polo que sairá á hora desempre ás 14:45.

Falleció Gregorio Albarrán Vega.

A los 91 años de edad, falleció el pasado día 23 de agosto en Collado Villalba, Gregorio Albarrán Vega, que durante varios años fue vecino de la rúa Torrelavega de Pontecesures.

El funeral tuvo lugar en la Iglesia de Pontecesures el 23 de agosto y sus cenizas fueron depositadas en el Cementerio Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.

Teófilo Edicións publica ‘Mar de Santiago. A Xénese do Camiño’.

 O autor do libro é o escritor e historiador ourensán Alberto Cacharrón Mojón.

Teófilo Edicións publica Mar de Santiago. A Xénese do Camiño, con texto do escritor e historiador ourensán Alberto Cacharrón Mojón. “Neste relato ilustrado nárrase a auténtica xénese do Camiño, un descubrimento que permitirá aos lectores tomar conciencia do verdadeiro significado da ruta que leva a Compostela”, indicaron desde a editora.

Engaden, ademais, que o autor do libro, Alberto Cacharrón, apóiase no máis importante dos chamados feitos santiaguistas para favorecer a difusión universal do mito xacobeo: a Traslatio. “As nosas costas son escenario desta ruta espiritual do Mar de Santiago, singradura que se desenvolve ao longo do único viacrucis marítimo-fluvial existente no mundo. Esta historia é orixe do camiño que cada peregrín realiza e que gracias á posta en coñecemento por parte do seu autor, o axudará a prepararse tanto espiritual como intelectualmente para afrontar con satisfacción a longa viaxe que lle queda por diante”, describen.

Esta publicación do editor compostelán Jose Luis Teófilo conta co apoio e patrocinio da Xunta e os concellos de Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures.

El Correo Gallego