
Sin Categoria
Panadería Gerardo cierra unos días por descanso del personal.
Desde el 12 de septiembre hasta el 21 del mismo mes (ambos días inclusive) permanecerá cerrado este establecimiento de la rúa Portarraxoi.

Sin Categoria
Falleció Gregorio Albarrán Vega.
A los 91 años de edad, falleció el pasado día 23 de agosto en Collado Villalba, Gregorio Albarrán Vega, que durante varios años fue vecino de la rúa Torrelavega de Pontecesures.
El funeral tuvo lugar en la Iglesia de Pontecesures el 23 de agosto y sus cenizas fueron depositadas en el Cementerio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
Sin Categoria
Teófilo Edicións publica ‘Mar de Santiago. A Xénese do Camiño’.
O autor do libro é o escritor e historiador ourensán Alberto Cacharrón Mojón.
Teófilo Edicións publica Mar de Santiago. A Xénese do Camiño, con texto do escritor e historiador ourensán Alberto Cacharrón Mojón. “Neste relato ilustrado nárrase a auténtica xénese do Camiño, un descubrimento que permitirá aos lectores tomar conciencia do verdadeiro significado da ruta que leva a Compostela”, indicaron desde a editora.
Engaden, ademais, que o autor do libro, Alberto Cacharrón, apóiase no máis importante dos chamados feitos santiaguistas para favorecer a difusión universal do mito xacobeo: a Traslatio. “As nosas costas son escenario desta ruta espiritual do Mar de Santiago, singradura que se desenvolve ao longo do único viacrucis marítimo-fluvial existente no mundo. Esta historia é orixe do camiño que cada peregrín realiza e que gracias á posta en coñecemento por parte do seu autor, o axudará a prepararse tanto espiritual como intelectualmente para afrontar con satisfacción a longa viaxe que lle queda por diante”, describen.
Esta publicación do editor compostelán Jose Luis Teófilo conta co apoio e patrocinio da Xunta e os concellos de Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures.
El Correo Gallego
Sin Categoria
O Concello cesureño adxudica a obra de mellora do camiño Fenteira-Grobas

As obras suporán a mellora da capa de rodaxe desta pista, de 450 metros de longo por 3,5 metros de ancho
OConcello de Pontecesures vén de adxudicar as obras de mellora do camiño de Fenteira a Grobas á empresa Construcciones Manuel Pérez Portela SL por un importe de 51.057 euros (IVE incluído). Os traballos contan cun prazo de execución de catro semanas e un prazo de garantía de seis anos. «Con esta actuación melloraremos a seguridade viaria dos veciños e veciñas xa que, ademais de mellorar o firme do camiño para os condutores, construiremos tamén unha cuneta de seguridade baixo a que se recollerán as augas da chuvia, polo que facilitará tamén o tránsito de peóns pola zona», segundo indica o alcalde cesureño, Juan Manuel Vidal Seage.
As obras suporán a mellora da capa de rodaxe desta pista, de 450 metros de longo por 3,5 metros de ancho. Repararanse as fochancas e procederase á limpeza de gabias en ambas marxes do camiño, sobre o que se aplicará unha nova capa de rodadura de seis centímetros de asfaltado en quente.
Así mesmo, está prevista a construción dunha cuneta de seguridade de 300 metros en formigón baixo a cal se canalizará unha tubaxe e dez arquetas con sumidoiro para a recollida das augas pluviais.
La Voz de Galicia
Sin Categoria
EXPOSICIÓN PÚBLICA DE CENSO ELECTORAL VIXENTE DE CANDIDATOS A XURADOS.
