Caiu no Ramón Diéguez co líder Fortuna San Martín por tres goles a cinco, no encontro da xornada, dentro do grupo 5º da liga de fútbol de veteráns.
Agora os cesureños marchan na segunda posición, con 30 puntos, aíndan que levan un partido menos, a cinco puntos do líder Fortuna San Martín. O vindeiro sábado visitan o campo do Bar Miramar, que vai no posto 11º da táboa con 14 puntos.
Deportes
O Salud de Valga empatou fóra na Liga de Fútbol Veterán.
Foi a un tanto co Santo Paio, e agora os valgueses ocupan a quinta praza do grupo 6º desta liga, con 24 puntos. Reciben o vindeiro sábado á Cafetería Todo que vai no posto oitavo con 20 puntos.
Persoeiros
Galardón deportivo para el padronés Pepe Domingo Castaño.
Atensao, gente sana, porque el Club Maristas de A Coruña ha decidido conceder el Premio a los Valores en el Deporte en su VIII edición al conocido periodista padronés José Domingo Castaño. El galardón tiene por objetivo reconocer «su trabajo y buen hacer en la promoción del deporte, así como en la defensa de la deportividad desde su profesión periodística y en especial por el talante cordial y humano desde el programa que dirige». Lógicamente, dicho programa es el veteranísimo Carrusel Deportivo de la Cadena Ser.
Espacio «Gente a la última». EL CORREO GALLEGO, 08/12/09
Concello
Texto integro do escrito enviado sobre as defiencias da rotonda da Charca.
Sra. Dª Isabel Vila Barbosa
Directora Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia
O pasado día 15 de novembro, con reportaxe fotográfica incluída, lle expusen o perigo de asolagamento que presenta a retención de auga na marxe da estrada PO-548 Pontecesures-Vilagarcía, na rotonda da Charca, entre os municipios de Valga e Pontecesures.
Solicitouse naquela data, que unha pala canalizara con toda urxencia, aínda que fora de un xeito provisional, a auga ata un tubo de 1 metro de diámetro, situado a escasos metros, que comparten os dous municipios a través dunha pista, e que está sorprendentemente infrautilizado (apenas recolle un 10% da súa capacidade).
Dende xullo pasado estamos a remitir escritos para que se solucione a recollida destas augas incluíndo, lóxicamente, esta actuación nas obras de seguridade viaria que se están a efectuar na recta de Campaña.
Pois ben; a pesar de que se nos anunciou por vostede que ía quedar o problema resolto coa derivación da auga ata o tubo existente, ata este intre hai unha situación de inmobilismo que preocupa ao concello e aos veciños da zona que están con risco evidente de que a auga, tras rebosar a estrada, entre nas súas casas. Coas choivas de onte estivo a piques de asolagarse a estrada, e a auga continúa alí embalsada na cuneta sen adoptarse decisións.
Polo exposto, solicítase que se resolve este problema dunha vez por todas para evitar todo tipo de riscos para peóns, condutores e titulares das vivendas da zona.
Por outra banda, tamén hai que dicir que na rotonda, actualmente en obras, non hai alumeado algún. A visibilidade é nula e resulta realmente perigoso circular nestas condicións pola estrada autonómica en cuestión. Aínda por enriba, despréndense pola acción do vento os elementos blanquivermellos da rotonda que queda semidesfeita e podes encontrarte con obstáculos na estrada que, como non hai alumeado, poden ocasionar un accidente de tráfico.
Por último insistir en que se constrúan tamén as beirarruas nos primeiros 500 metros da PO-548 que pertencen a Pontecesures. A discriminación é evidente. Nós tamén somos en sentido figurado «recta de Campaña». Esta ten 3 e pico quilométros, e se acondiciona, para garantir a seguridade viaria, a parte da estrada que discorre por Valga con beirarúas, camiños de servizo, arranxo dos cruces, etc…,e os 500 metros de Pontecesures quedan totalmente á marxe. Nin se fan as beirarrúas, nin se recollen as augas da cuneta do noso térmo municipal, nin se arranxan as arquetas de servizos na estrada que provocan ruídos e tremores nas casas por irregularidades no firme, e por enriba se provocan situacións de risco por falla de alumeado na rotonda da Charca.
Esperamos comprensión por parte desa administración, pois a seguridade viaria ten que garantirse dende o quilómetro 0 e por suposto en toda a recta, non en parte dela. O contrario resulta incomprensible e inxusto.
Pontecesures, 7 de decembro de 2009
O concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concello
Sabariz exige más iluminación en la glorieta de A Charca y que se canalice la lluvia.
El concejal de Relaciones Institucionales, Luis Sabariz, envió ayer un nuevo escrito a la directora xeral de Infraestruturas de la Xunta de Galicia, Isabel Vila Barbosa, en la que insiste en exigir soluciones a las retenciones de agua que se producen en la rotonda de A Charca debido a las obras de la PO-548.
«Ata este intre hai unha situación de inmobilismo que preocupa ó Concello e ós veciños da zona, que están en risco evidente de que a auga, tras rebosar a estrada, entre nas súas casas». Las lluvias del domingo casi inundan el vial «e a auga continúa alí embalsada na cuneta sen que se adopten decisións».
Es por ello que solicita quw «se resolva este problema dunha vez por todas para evitar todo tipo de riscos para peóns, condutores e titulares de vivendas da zona».
Por otra parte, denuncia que la glorieta carece totalmente de alumbrado. «A visibilidade é nula e resulta realmente perigoso circular nestas condicións pola estrada autonómica». Este hecho se ve agravado por que el viento mueve los elementos rojiblancos que forman la rotonda provisional y que se convierten en obstáculos en la carretera. «Como non hai alumeado, poden ocasionar un accidente de tráfico», advierte el edil.
Finalmente insiste en la necesidad de construir aceras en los 500 metros correspondientes al término municipal cesureño, igual que se hizo en Valga. «A discriminación é evidente», sostiene.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 08/12/09
Sociedade
Hai uns quince días días, tentaron entrar a roubar na Librería Cativos de Pontecesures.
Os ladróns forzaron na madrugada a verxa de entrada deste establecemento, situado nun dos baixos do edificio da Avda. de Vigo, nº 18 (Nacional N-550). Romperon logo un fixo de aluminio da parte baixa do anexo á porta de entrada, deixando un oco, pero aínda que por dito oco era posible a entrada dalgunha persoa delgada, o certo é que ninguén entrou, ignorándose as causas polas que os ladróns abandonaron o lugar sen entrar na librería.
O titular presentou a correspondente denuncia diante da Garda Civil.