Participaron neste concurso, que se celebra xa hai máis de dez anos, os alumnnos/as de 4º, 5º e 6º de educación primaria do CPI Progreso de Catoira, do CEIP Xanza de Baño-Valga, do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro e do CPI Pontecesures.
Nesta edición a organización, que é rotatoria, correspóndelle á ANPA do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro.
Os traballos consistiron en redaccións ou poemas en galego e foron xulgados polos mestres de primaria dos centros.
O venres día 15 de maio, ás 19:00 horas no Auditorio de Ferreirós terá lugar a entrega de premios nun acto aberto ao público.
A ANPA do CPI Pontecesures felicita a todos os participantes e convida a nenos e maiores a asistir a este acto de entrega de premios.
Cultura
O vindeiro sábado 16 de maio: Black Soul Motard no Taboga
Black Soul Motard, grupo da comarca, actuará o vindeiro sábado 16 de Maio, ás 23:00h, no Taboga (Pontecesures).
Con influenzas de rock clásico e dos 70 e moita experiencia en guitarras e batería aseguran unha gran festa o sábado pola noite. A entrada é de balde e comenzará a partires das 11.

Sociedade
O incendio nun almacén de chatarra preto do río Sar causa alarma en Pontecesures, Padrón e Dodro.
Sobre ás 20 horas declarouse un incendio nun almacén de chatarra situado preto da desembocadura do río Sar no Ulla (penso que no termo municipal de Padrón, no límite con Dodro). Neste almacén deposita a chatarra un vehículo con remolque rotulado coa inscrición «El mundo submarino», que está estacionado en moitas ocasións coa chatarra nas rúas centrais de Pontecesures.
A fume negra era visible dende varios quilómetros á redonda, e arestora está controlado. Participan na extinción Protección Civil de Padrón, Valga, Pontecesures así como outros coches de bombeiros. Ao parecer non hai danos personais.
Cultura
Fegaclasic III Edición
Programa
Sábado 16 de maio
11.00 H: Apertura
- Concentración de motos clásicas e concentración de coches clásicos.
- Mostra dos veículos de bombeiros máis antigos de Galicia.
- Monográfico SEAT.(Desde o modelo 1400 ate o 127).
- Mostra de maquinaria agrícola clásica.
12.00 H:
- Saída da ruta de motos e coches clásicos: Grobas-Fenteira.
- Descubirmento da zona máis rural de Pontecesures.
15.00 H:
- Xantar dos participantes nas concentracións de motos e coches clásicos.
18.00 H:
- Inauguración oficial da III edición de FEGACLASIC.
Interveñen: Ángel Jove González, Marcos Vázquez Marey, Manuel e Javier Pazó Olmedo.
18.30 H:CONFERENCIAS.
- Recuperación do noso patrimonio, por Ángel Jove González. Vicepresidente da Federación Española de Vehículos antiguos (F.E.V.A) e presidente da Fundación ??Jorge Jove?.
- A mecanización agrícola clásica no territorio galego, por Marcos Vázquez Marey. Enxeñeiro técnico agrícola en mecanización agraria. Presidente da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (A.G.A.M.A.C).
19.30 H: MESA REDONDA.
- Federación Española de vehículos clásicos.
??F.E.V.A responde?.
Ángel Jove González e representantes de F.E.V.A responderán a todas cantas cuestións lles sexan formuladas polos afeccionados aos veículos clásicos e antigos.
20.30 H:
- Entrega de diplomas a todos os que colaboraron coa organización de Fegaclasic.
22.00 H:
- Peche.
Domingo 17 de maio
10.00 H:
- Apertura da feira.
11.00 H:
- Concentración de coches clásicos.
12.45 H:
- Actuación do grupo XARANDEIRA.
13.00 H:
- Homenaxe ante o monumento á memoria das feiras do automóbil de ocasión de Pontecesures.
22.00 H:
- Peche.
Máis información: fegaclasic.org
Basket Río Ulla
BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA
Esta semana temos os seguintes partidos, con estes horarios:
– Cadete Masculino: Sábado ás 11.45 h. en Pontecesures, contra o Estudiantes de Pontevedra.
O partido mais facil da copa a priori, xa que na liga gañaran os nosos de 70 puntos. Os nosos non deben de descuidarse e coller ritmo para os vindeiros partidos que decidiran os finalistas copeiros da categoría.
– Infantil masculino. Domingo ás 17.15 h. en Pontecesures, contra Estudiantes de Pontevedra.
Este partido presentase moi igualado, pois na liga os de Pontevedra gañaran ós nosos por pouca diferencia.
– Infantil femenino. Sabado ás 19.15 h. no Grove, contra o Meco.
Con este partido pechase a liguilla de copa, e ambos equipos están clasificados para a final, que se xogará probablemente a vindeira fin de semana. Partido intrascendente por tanto, pois o bo vai ser a a final, pero o 1º posto desta liguilla está en xogo.
– Alevin mixto. Sábado ás 17 h. contrra Xuven, en Cambados.
ificil partido para os nosos, que si queren chegar a xogar as semifinais copeiras , terán que gañar contra un rival directo para meterse de segundos. En caso contrario sería o derradeiro partido da temporada, e a despedida da actegoría de varios xogadores/as deste equipo da escola, pois para o ano por idade pasan para os infantís.
Cultura
Don Avelino Pousa Antelo, cumpre hoxe 95 anos.
O intelectual galeguista e presidente da fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo está hoxe de cumpreanos. Foi D. Avelino moitos anos profesor do Colexio de Pontecesures e a rúa principal do colexio leva o seu nome.
Felicidades e que cumpra moitos máis.