A misa celebrarase ás 21:30 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Rematada ésta, no Centro Social, será servida pola parroquia aos feligreses a tradicional rosca de Pascua.
Cultura
Hoxe ás 21 horas, pregón inauguración da Pascua 2009.
Será no balcón da Casa Consistorial de Padrón. O pregón será pronunciado por Alfonso Solar Boga, médico padronés especialista en pediatría e persoa vinculada á Cultura e ao Deporte padronés. A continuación actuará a Banda de Música Municipal de Padrón.
Curiosidades
A mesa do Souto.
Tralo paseo do Espolón e fronte a praza de abastos de Padrón, se ofrece o amplo espazo do antigo Souto do Rei, no que coa reconversión sofrida da cabida hoxe a una serie de entidades tales como o Centro de Saúde, Pavillón, Piscina, Centro Social e Auditorio, etc.. concentrando co mercado dos domingos, a maior actividade e desenvolvemento da vida padronesa.
Pero non é do Souto actual sobradamente coñecido por todos, do que queremos falar aquí, senón que pensando máis ben nos xoves e forasteiros, naquel Souto de antes, tempos idos, nos que baixo a sombra da vella carballeira se reunían centos de feireantes ou gandeiros coas reses vacinas ou cabalares, que os días oito, vinte e vintesete, as máis importantes, coa cabalar de ano na Pascua, aparte, única que aínda segue celebrándose aquí tiñan lugar. E tamén por outra banda, sinalar ao fondo, aquel maxestuoso eucaliptal que amén baixo o verde céspede que servía de ocio e «relax», así coma de «cámping», significaba una forte e importante defensa para o casco urbano contra os temporais dos vendavais ou fortes ventos do Sar.
Pois aquelas feiras trascendían o seu interese máis alá das fronteiras rexionais, coma continúa ocorrendo con equina de Pascoa aínda hoxe en día.
E no medio de aquel «maremagnun» de gando e gandeiros, campesiños, vendedores e compradores que en cada feira de Padrón aquí se daban cita, había unha ampla Messa de pedra con longos asentos a ámbolos dous aldos, do mesmo material, que facía o oficio de descanso e de parlamento onde se levaban a cabo moitas das operacións de compra e venda dos feireantes, que como era costume solían «rubricarse» co consabido apretón de mans.
Aparte, a fama daquela Mesa deu lugar a unha curiosa anécdota entre os padroneses, de tal forma de que cando algún amigo se poñía demasiado pesado en calquera tipo de comentario ou discusión, se lle acostumaba lle decir: «Mira, vaite sentar á Mesa do Souto…..»
Artigo de J. Castro Cajaraville (Libro da Pascua de Padrón).
Sociedade
A Administración de Loterias de Pontecesures vai cambiar de ubicación.
Na actualidade esta administración esta situada na rúa Portarraxoi nº 17 dende a súa apertura hai anos. Pois ben; o novo local vai ser nun baixo do edificio «Louriño» situado na Avda. de Arousa nº 4, quilómetro cero da estrada PO 548 Pontecesures-Vilagarcía.
Cultura
O grupo cesureño «Algueirada» actúa mañá na Pascua de Padrón.
Ás 10:30 horas de mañá, Domingo de Pascua, o grupo cesureño acompañará aos xigantes e cabezudos no pasarrúas que sairá do pavillón do Souto.
Xa pola tarde o grupo con gaita, danza e pandeireta, actuará ás 17 horas na praza de Macías ou na de Ramón Toxo.
Basket Río Ulla
BALONCESTO: ONTE XOVES 3 EQUIPOS DO CB. RIO ULLA DISFRUTARON DA VILAGARCIA BASKETCUP
Os integrantes do Extrugasa Rio Ulla na Basketcup
Onte xoves os 3 equipos inscritos na Vilagarcia Basket Cup 2009 acudiron a Vilagarcia: Os nenos e nenas do noso alevin mixto, os nenos do equipo infantil e as nenas infantís viviron unha xornada intensa de 12 horas, dende que chegaron ás 10.30 h. ó recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcia, ata que o abandonaron pasadas as 22 h.
Este torneo internacional, que vai pola XIII edición, disputase cada ano na semana Santa, de xoves a domingo. Son 4 días onde 8 das mellores seleccións nacionais sub-20 do mundo (Nova Zelanda, Angola, Francia, Italia, Chequia, Rusia, Alemania, e España) compiten para ver quen gaña este torneo, considerado dos 3 mellores do mundo da categoría sub 20.
Ademais, a organización, organiza dende hai uns anos un torneo paralelo para que os rapaces alevíns e infantis xoguen ó basket e poidan convivir con estas seleccións. Así, pola mañá e a 1ª hora da tarde os nosos rapaces xogaron uns partidiños contra outros equipos de Galicia.
O recinto feiral esta dividido nunha zona donde se xogaba o torneo de base, onde ademais de 5 pistas para xogar a basket, había outras zonas con xogos tradicionais, consolas, hinchables…
Vistas da zona onde se xoga o torneo de base da VBC.
Nenops e adestradores tiveron ocasion de demostrar a sua pericia en xogos «clásicos».
Logo de comer poidemos asistir ós 3 particos de seleccións:
Un Rusia – Angola, con Rusia palizando ós africanos.
Italia – Francia: gañando os franceses na prorroga forzada polos italianos logo dunha tripla no ultimo segundo.
E por ultimo a victoria de España sobre Alemania, nun espectacular partido.
Imáxenes do España – Alemania.
Tamén os rapaces poideron fotografiarse e pedirlle autográfos a estas promesas do basket. nalgúns casos futuiras estrelas do baloncesto mundial: Marc Gasol (Menphis Grizzlies); Victor Sada (base do Barcelona da ACB), son exemplos de xogadores que disputaron este torneo anos trás.
Xogadores do Rio Ulla fotgrafiándose con integrantes das seleccións do torneo.
Por ultimo, tamén este club tivo un recoñecemento nos premiados deste ano pola organización.
Premiados da Vilagarcia Basket Cup 2009