
Sin Categoria
Subvención de 72.027 € para mejorar el parque de Carreiras.
La Diputación de Pontevedra ha aprobado este viernes en la reunión de la Junta de Gobierno, ayudas por tres millones de euros destinadas a once ayuntamientos de la provincia.
Según ha informado en rueda de prensa el vicepresidente de la Diputación, César Mosquera los municipios de Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Meaño, Moraña, Pontecesures, Porriño, Portas, Redondela y Silleda serán los beneficiarios de estas subvenciones del ‘Plan Concellos’.
Para la comarca O Salnés han sido aprobadas aportaciones para Cambados, 371.448 euros para la mejora de caminos rurales, y Pontecesures, 72.027 euros que servirán para mejorar el parque infantil de Carreiras.
Sin Categoria
O BNG lembra a non celebración da festa da lomprea e carga contra o goberno local.
Hoxe deberíamos estar celebrando a, XXV Festa da Lamprea. Non só non é así, senón, que por se fose pouco, no día da festa de San Lázaro de gran arraigo no noso concello, a nosa vila ofrece unha imaxe lamentable ós que nos visitan, e non en barco, precisamente. As declaracións do alcalde para xustificar que non haxa acto ningún en torno á celebración da Festa da Lamprea son, cando menos, abraiantes. Entendemos que a escasez de producto non permite unha degustación masiva pero, ante esta situación, non vale quedarse de brazos cruzados. O señor Seage, xunto ó resto do equipo de goberno, coñecedores de esta situación, deberían ter previstas alternativas para a celebración da festa.Pero, o máis grave de esta situación, son as declaración do alcalde botando a culpa ós hosteleiros cesureños pola súa falta de colaboración, interés e proactividade na organización do TAPEALAMPREA, en presenza do concelleiro de Hostalaría, Raimundo Vázquez que, sin inmutarse, mantivo silencio sepulcral , ante estas declaracións, totalmente fóra de lugar.Nin un arranxo floral nos maceteiros , nin limpar a herba que medra ó seu aire ó longo de todo o muelle. Para a limpeza e o adecentamento de Cesures non hai tempo pero a culpa e da hostalería.
A presenza do señor Seage no congreso do PP en Sevilla, danos unha idea de cales son os seus intereses cara o noso concello e lévanos a pensar que os paseos en barco televisados, o suposto turismo ruso e mexicano que vai desembar na nosa vila pero que non da chegado ou as xuntanzas de degustación de lamprea para según que xente, procuran, máis ben, o lucimento persoal e a satisfacción do ego do señor Seage que a procura de beneficios para a nosa vila.
BNG Pontecesures.
Sin Categoria
O BNG denuncia o estado de abandono do parque de Condide.

No pleno de onte solicitamos ó equipo de goberno que, á maior brevidade posible, proceda á clausura do parque infantil de Condide mentras non se substitúen os xogos e o firme do mesmo. Presenta un estado deplorable que fai imposible o seu uso e desfrute, privando ós rapaces e veciños deste servizo, cousa que o alcalde descoñecía confundindo, incluso, este parque co de Carreiras.
BNG Pontecesures
Sin Categoria
O alcalde, que asistiu ao congreso do PP en Sevilla, saúda aos integrantes de Náutico que participan no campionato de España.

Non quería deixar pasar a ocasión de pasar a animar ao Náutico Pontecesures que está a disputar na Cartuja en Sevilla o Campionato de España con 29 palistas do noso clube. Moito ánimo a tod@s…¡¡¡
Juan Manuel Vidal Seage