
Esperemos que se repare cuanto antes.
El Correo Gallego
El Correo Gallego
El Correo Gallego
Ao longo do mes de marzo e con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontecesures, levará a cabo unha serie de actividades destinadas a poñer de relevo o inestimable valor da muller no desenvolvemento e progreso da humanidade e a loita pola igualdade real de oportunidades para as mulleres.
As actividades comezarán coa constitución da Mesa Local da Igualdade o día 7 de marzo á que asistirán representantes de diferentes órganos de participación cidadá do concello.
O día 8 de marzo procederase á lectura pública do Manifesto destinado a amosar o compromiso de esta Administración de defender e aplicar o principio de igualdade de dereitos e responsabilidades entre mulleres e homes.
Aos actos institucionais súmase unha oferta formativa destinada, por unha banda, a reflexionar sobre os piares que forman a sexualidade, as súas dimensións e o impacto que teñen na autoestima desde unha perspectiva de xénero e, por outra, a coñecer máis en profundidade as vidas de dúas mulleres que foron invisibilizadas na historia e se converteron en referentes do empoderamento femenino.
As masterclass, que se celebrarán os días 15 e 22 de marzo, serán impartidas por expertas en psicoloxía, sexoloxía e igualdade e a elas poderá asistir toda a poboación que o desexe ata completar aforo (inscricións e máis info en infoigualdade@gmail.com e no telf.. 622 098 721).
Galicia pechou o mes de febreiro dividida no tocante ao comportamento do paro rexistrado nas oficinas públicas de emprego. Con moitas das súas comarcas conseguindo reducir as listaxes de veciños na procura dun contrato e moitas outras experimentando o comportamento contrario. Entre estas últimas, que acabaron elevando en 577 o número de desempregados totais na comunidade, figura o conxunto dos once concellos da banda sur da ría de Arousa e o interior do Salnés. Coas únicas felices excepcións de Pontecesures, no que o número de desocupados apuntados nas oficinas públicas de emprego foron 7 menos, pasando de 205 a 198, e Cambados, no que a variación foi de 6 persoas, das 910 de xaneiro ás 904 do último mes.
No polo oposto, Vilagarcía encabezou, en canto a números brutos se refire, a listaxe de aumento de paro na zona, con 59 cidadáns máis na procura dun traballo ao pasar de 2.949 en xaneiro a 3.008 en febreiro. Vilanova de Arousa sumou 33 máis (de 628 a 661), a mesma cifra có Grove (de 912 a 945), polos 32 de Meaño (303 a 335). En Valga aumentaron en 16 o número de parados (de 331 a 347), en 12 en Catoira (de 192 a 204) e en Meis (de 270 a 282), en 4 en Ribadumia (de 268 a 272) e en 2 na Illa (de 245 a 247).
En total, o conxunto dos once municipios da contorna pasaron de 7.213 persoas na procura dun posto de traballo en xaneiro ás 7.403. Isto é, 190 máis, cun incremento mensual do 2,63 %. Con todo, a comparativa anual mantén a tendencia netamente positiva dos últimos meses, non xa só respecto a febreiro do 2021, cando eran 8.815 parados, 1.412 máis ca agora, senón mesmo tamén respecto a febreiro do 2020, o último mes prepandemia, cando eran 8.097, 694 máis.
La Voz de Galicia