A vindeira semana o Servizo Provincial de Estradas do Estado do Ministerio de Fomento comezará os traballos de construcción dunha beirarrúa na marxe do talud da Nacional N-550 partindo do cruce de San Xulián (dirección Vigo-A Coruña, marxe dereito). Nunha primeira fase, a beirarrúa chegará ata o número 32 da propia nacional (é a ruá Jose Novo Núñez neste tramo) e logo antes de fin de ano completarase dita beirarrúa ata a intersección coa estrada autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira. Ademais da beirarrua vanse recoller cunha tubaría de sección axeitada as augas pluviais procedentes do talud.
Entre os números 22 e 24 deste tramo da nacional e respectando a distanza regulamentaria á curva, instalarase un paso de cebra cun semáforo de pulsar para garantir a seguridade dos peóns.
Esta actuación de seguridade viaria é moi demandada pola veciñanza, sobre todo do lugar de San Xulián para acceder ao centro da vila e foi solicitada en moitas ocasións polo concello.
Esta concellería quere agradecer a este órgano da administración do estado a realización dun investimento de tanta necesidade.
Pontecesures, 12/02/09
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro delegado de relacións institucionais