O día 12 de novembro, remata o prazo de presentación de candidaturas ó Consello Escolar do CPI Pontecesures.

Nestes días foi publicado o calendario electoral elaborado pola xunta electoral que regula este proceso.
O prazo de presentación de candidaturas para alumnos/as, pais/nais, persoal de administración e servizos e profesorado xa está aberto e remata o mércores día 12 de novembro ás 13 horas. Para presentarse como candidato a calquera dos distintos sectores da comunidade educativa, débese cubrir no propio centro o impreso oficial e presentalo alí á xunta electoral.

As votacións para a elección dos alumnos serán o día 24 de novembro de 10 a 12 horas. As do persoal de administración de servizos serán o día 25 de novembro de 12 a 14 horas. As do profesorado serán nun claustro o día 26 de novembro ás 18:30 horas. Por último ás dos pas/nais serán o día 27 de novembro de 12 a 18 horas.

Ata o día 18 de novembro estan expostos os censos no edificio administrativo do CPI Pontecesures.

Complemento de pensións non contributivas.

O Concello de Pontecesures ben de publicar un bando no que se informa de a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar abre un prazo de solicitude dun complemento de pensión dirixido a titulares de Pensións Non Contributivas de invalidez ou de xubilación que residan nunha vivenda de aluguer.

Beneficiarios/as
Perceptores de pensións non contributivas de xubilación e invalidez que teñan como residencia habitual unha vivenda alugada.

Requisitos:
-Ter recoñecida unha PNC na data da solicitude.
-Carecer de vivenda en propiedade.
-Ser o/a arrendatario/a da vivenda na data da solicitude
-Non ter relación de parentesco ata o 3º grao co arrendador da vivenda alugada.
-Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda alugada
Enténdese que a vivenda é domicilio habitual cando a vixencia do arrendamento non sexa inferior a un ano e teña residido na mesma durante un período mínimo de 180 días no ano de devengo do complemento que durante dito período tivera percibido a correspondente PNC.

Documentación:
-Fotocopia do DNI/NIF do solicitante.
-Fotocopia do contrato de aluguer da vivenda.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 31 de decembro de 2008

Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures, os luns, martes e venres, de 9:00 a 13:30 horas.

Moción do BNG de Pontecesures contra a violencia de xénero.

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE X?NERO.

EXPOSICI?N DE MOTIVOS.

O 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, ten que ser unha data de compromiso dos gobernos co conxunto de organizacións sindicais e da cidadanía en xeral para a sensibilización e a actuación respecto do grave problema que constitúe a violencia machista.
?, pois unha data para a denuncia activa de toda a sociedade en contra da violencia que se exerce contra as mulleres en razón do seu xénero.

Todas, todos, podemos facer algo contra a violencia machista.

Os cambios e avances no tratamento legal da violencia de xénero, os recursos creados para atender ás mulleres en situación de violencia de xénero, as campañas de sensibilización e os pasos que se deron para avanzar na consolidación dos dereitos das mulleres son necesarios para loitar contra este fenómeno, máis é necessario optimizar o seu uso e achegalos con maior eficacia ás mulleres.
Por outro lado, a prioridade das accións políticas que se dirixen á atención das mulleres que padecen a violencia machista é tal, que non deben verse influídas por coxunturas económicas; antes ben, poñen en evidencia a necesidade de atender con maior eficacia á hora de prestar os recursos, aínda en momentos de crise.
O papel que teñen os concellos é fundamental, pois desde eles pódese garantir a atención, o acceso ós recursos e á prevención directamente. Así poden constituirse en modelo para todas as veciñas e veciños na actuación eficaz e posta en marcha de políticas de intervención reais e que sexan eficaces á hora de mentalizar a prevención da violencia e actuar coordenada e axilmente ante situacións deste tipo.
Este compromiso é fundamental á vista das cifras de denuncias realizadas e cifras de casos concretos de violencia que, en moitas ocasións, acaban coa vida das mulleres a mans das súas parellas ou ex parellas.
? necesario implicar ó conxunto da cidadanía, trasladarlle a información actualizada e corresponsabilizar ó axentes sociais para que poidan intervir directamente sobre os casos que se puideran dar, porque, tratándose de un problema de carácter social imbricado nos valores sociais existentes e cun carácter estrutural que ten as orixes nas relacións de poder historicamente desiguais entre homes e mulleres, precisa de medidas artelladas desde a propia sociedade.
Temos que construír unha sociedade onde o centro sexan as persoas, sen distinción de sexo, e igualitaria.
? por isto polo que cómpre a implicación de todas as administracións, tamén das municipais, no desenvolvemento de actuacións encamiñadas a previr e paliar esta situación. E son tamén os concellos quen poden artellar mecanismos de responsabiliazación e implicación de toda a cidadanía para acabar coa violencia machista.

En consecuencia, o grupo municipal do BNG solicita do pleno da corporación municipal a adopción do seguinte acordo:

-Mellorar a efectividade das accións contra a violencia de xénero a traves da creación de protocolos locais e/ou comarcais que incorporen recursos sanitarios, sociais, educativos e de seguridade, e que teñan como finalidade axilizar o acceso á atención e aos recursos para as mulleres que padecen a violencia machista.

Pontecesures, 7 de novembro de 2008

Asinado: Margarita C. García Castro e Cecilia Tarela Barreiro.

Moción do BNG de Pontecesures para a petición á Medio Rural de varias actuacións.

Margarita Carolina García Castro, Manuel Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela Barreiro, Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González, concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures apresenta a seguinte moción para seren tratada na sesión plenaria do día 24 de novembro de 2008.

Exposición de motivos:

O BNG considera que é necesario acometer unha serie de obras moi reclamadas polos veciños:

-Saneamento dende o cruce da pista de Carreiras coa do Couto ata a intersección coa rúa do Ensanche. Debido á escasa sección e atranco do tubo existente (que encauza o regato de Carreiras) os desbordamentos en épocas de chivas son moi numerosos, afectando a moitos veciños e provocando danos materiais en varias vivendas. Cremos que é necesario substituir todo este traxecto con tubaría de maior sección, ademais de colocar tubaría para a recollida de augas fecais.

-Pavimentado e ampliación da pista de Carreiras a Condide pasando polo Couto. Esta pista atópase en moi mal estado con pavimento irregular que pode provocar algún que outro accidente. Tamén considérase que debéselle dar máis anchura na parte de Condide.

-Pavimentación e ampliación da pista que comunica os núcleos rurais de Grobas e A Fenteira. O abandono destes lugares é manifesto, polo que consideramos que é necesaria unha actuación inmediata para anchear a pista e quitarlle as curvas que actualmente ten.

-Ancheamento e novo pavimentado da rúa do Coengo (San Xulián). Esta rúa actualmente é moi estreita e ten unha curva moi cerrada, polo que se fai necesario un retranqueo para eliminar a curva e anchear o vial.

-Acondicionamento da zona da rúa Caldeirón de Arriba: Separativos de pluviais e fecais, retranqueo, acondicionamento de muros existentes, e acondicionamento integral da plazoleta. Consideramos que esta zona de Porto atópase tamén nun estado de abandono, por iso é necesaria tamén unha actuación urxente.

En consecuencia, o grupo municipal do BNG solicita do pleno da corporación municipal a adopción do seguinte acordo:

1 Solicitar á Consellería do Medio Rural a execución destas obras tan demandadas polos veciños de Pontecesures.

Pontecesures, 7 de novembro de 2008

RELATO NON APTO PARA SENSIBLES

Expoñéndome ás máis que posibles críticas que sufrirei por poñer esto, xa que á parte de non ter relacion algunha nin co concello, nin vínculos directos con … ecoloxía… educación… sociedade… etc.(INDIRECTOS SÍ QUE TEN), seguramente a moitos, a maioría diría eu, lles vai parecer desagradable, visceral, perturbador… e a saber que máis… deixo aquí un relato de Chuck Palahnuik, escritor de «El club de la lucha» e que nunha xira no ano 2003 durante a presentación dunha novela, fixo lectura do mesmo, dando lugar a bastantes desmaios….

SI ALGU?N SE CONSIDERA SENSIBLE, QUE NON O LEA. SI NON ? ASÍ… LEDE…E COMENTADE. (más…)

Concedidas axudas ó Concello de Pontecesures por parte de Vicepresidencia.

? abeiro da Orde de 18 de marzo de 2008, a Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar ven de conceder a este concello unha subvención de 38.181,39 ? para os seguintes conceptos:

-Persoal de atención primaria (traballadora social)????????..15.296,53
-Mantemento de instalacións?????????????????. 600,00
-Axuda a domicilio????????????????????..15.284,86
-Programa de fomento da solidariedade?????????????. 1.000,00
-Programa de obradoiros ocupacionais para mayores???????.. 3.900,00
-Programa de prevención de drogodependencias?????????. 1.500,00
-Programa de intervención no área da muller??????????? 600,00

Ademais desta cantidade, a Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar tamén concedeu a este concello outra de 12.018 ? para o novo plan de axuda no fogar a persoas dependentes valoradas.

Este concello quere mostra a súa satisfacción polas axudas recibidas e polos programas que se están a desenvolver en beneficio dos colectivos máis necesitados.

Pontecesures, 6 de novembro de 2008

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais