O Dimensión, en categoría mixta, gañou o campionato de dardos «Concello de Pontecesures»

O segundo clasificado foi o Dimensión 2 e o terceiro foi o Bouzón.
Dende o posto 4º ata o lugar 32º clasificáronse os seguintes equipos: Miniño, Faiscas, Casa Pérez, Onice Padrón, La Noche, Abadía, Carabela, Anubis, Máscara 2, Bouzón 2, Nu 2, La Noche 2, Pedras Millo, Baltasar, Baltasar 2, Chenlo, Máscara, Máscara 3, La Noche 3, Rancho CA 2, Exceso, Frenazo, Empalme, Escola, Campiño, Rancho, Tentación, Sedami e Rock Star.

Cándido López, do Dimensión, gaña o torneo individual de dardos «Concello de Pontecesures»

Hai uns minutos rematou a competición de dardos no Polideportivo de Pontecesures que foi gañada por Cándido López do Dimensión. Subcampión foi Juan «Lula» tamén do Dimensión, mentres que Luis Bouzón do Baltasar foi o 3º clasificado.
Clasificáronse dende o 4º posto e ata o lugar 50º, por este orde: Santi Bouzas (Baltasar), Javier Fuentes (Rancho Extra), Ángel Souto (Nu 2), Rodrigo Rey (Onice), Santi Santos (Máscara), Neno Bouzón (Bouzón), Bea Loureiro (Bouzón), Fran Paz (Casa Pérez), Manuel Villaverde (Casa Përez), Simón Iglesias (Baltasar), Vanesa (Abadía), Ángel Rey (Onice), Carlos Blanco (Dimensión), Manuel Campos (Casa Pérez), Cruz del Oro (Baltasar), Salva (Casa Pérez), Marco Ces (Bouzón), Junior Tarrío (Faiscas), Raúl Mariño (La Noche), Suso (Casa Pérez), Sonia Bustelo (Máscara), Pablo Muñiz (Choco), Maika (Abadía), Yoli Vieites (Carabela), José Luis Valiño (La Noche), Marta Beiró (Máscara), David Mosquera (Máscara), Víctor (Casa Pérez), Alex García (Máscara), Christian Barreiro (Abadía), Casandra Sánchez (Casa Pérez), Diego Bouzón (Choco), Juanjo Fontoba (Faiscas), J. Alberto Pimpi (Bouzón), Ángela Padermo (Baltasar), Laura Laíño (Casa Pérez), Ángel Otero (Máscara), Pablo Xavou (Nu 2), Plácido Rodríguez (Máscara), Víctor Fungueiriño (Faiscas), Rocío Angueira (Onice), Marisol Pedreira (La Noche), Javier Losas (Máscara), Carlos Pana (Baltasar), Héctor González (Máscara), Fermín Choco (Choco) e José Catalán (La Noche)

Para mañá luns, día 9 de xuño, está previsto o comezo das obras de pavimentación de estrada nacional.

E estrada nacional N-550 vaise pavimentar de novo, logo de realizar un fresado previo. Xa está a maquinaria no aparcadoiro da antiga Casa Castaño (rúa José Novo Núñez) e os sinais e as vallas están colocados pola estrada.
A obra vaise realizar no noso municipio polas noites para evitar os atascos na circulación. Porén, infórmase que como hai mañá unha folga de transportes non é seguro que a obra prevista comece este luns. Hai que lembrar que o material asfáltico e trasladado en camións.

Remata a tempada de ximnasia de adultos en Pontecesures.

A pasada semana remataron estas clases que tiveron lugar no Polideportivo de Pontecesures dende outubro de 2007.
Houbo o venres día 6, na «Parrillada Criollo» unha cea de despedida das alumnas (arredor de 18 mulleres) co monitor Antonio Sande. As alumnas entregaron na cea a este monitor padronés, un agasallo como agradecemento ó seu labor, e polo seu próximo casamento o vindeiro 2 de agosto.
A ximnasia para adultos reanudarase en setembro-outubro próximo.

El Colegio «Xesús Ferro Couselo» de Cordeiro, premio Voz Natura.

_qui7901.jpg

Treinta mil personas disfrutaron a lo largo del día de ayer de la fiesta de Voz-Natura, el programa ecológico-educativo de la Fundación Santiago Rey Fernández Latorre.

El Premio Voz Natura Provincia de Pontevedra correspondió al CEIP Fero Couselo de Cordeiro por su trabajo «Reciclo, logo…amo a natureza».

En la fotografía vemos el momento de la entrega del premio. Entrega: José Gabriel González Arias, consejero delegado de la Corporación Voz de Galicia. Recogen: Santiago Costal Andrade (coordinador), Sergio González Carbajal y María López Conde (alumnos).

LA VOZ DE GALICIA, 08/06/08