Os contenedores da zona do cemiterio de San Xulián son só para botar restos das flores do camposanto.

O Concello de Pontecesures comunica que en días pasados modificáronse os puntos de recollida de lixo na rúa do Pilar de San Xulián, debido a que o peso do camión podía afundir zonas do Camiño Portugués, recentemento restaurado. Agora, para esa rúa os puntos máis cercanos para depositar o lixo son o contenedor da rúa Cantillo ou no da entrada a San Xulián na estrada nacional N-550.
Prégase ós veciños que se absteñan de depositar bolsas de lixo nos contenedores do cemiterio, pois estes son para depositar os restos das flores do camposanto.
Faise un chamamento para que se sigan estas instrucións.

Mañá teatro dos nenos da ANPA no Centro Social.

Mañá mércores día 4 de xuño, ás 20:00 no Centro Social o grupo de teatro de nenos/as da AN PA do CPI de Pontecesures representará ás seguintes obras curtas:

-A ratita presumida.
-Vida rosa.
-Sen ouro, sen prata, nin rabo de rata.
-O pirata metepatas.
-Fafarraios.

Esperemos que acuda moita xente. Estes nenos/as teñen moito mérito, e o monitor Alfonso está a realizar un gran labor.

O cesureño Alejandro Pesado gaña a Maratón Popular de Oubiña.

a3c12f2.jpg

Mais aló do carácter competitivo de calquera proba deportiva, a Maratón Popular de Oubiña superou o pasado domingo o obxectivo fixado pola súa organización, que non é outro que o de elevar ano tras ano o número de participantes na proba. Se no 2007 os 130 atletas presentes na cita fixaban a marca de asistencia na Popular de Oubiña, onte a cota foi elevada ata os 175 corredores.
O máis rápido entre eles foi o cesureño Alejandro Pesado Fernández, que non tivo rival para impoñerse na categoría raíña, a absoluta, con dez quilómetros de percorrido. Orlando Rodríguez e Miguel Daporta completaron o podio masculino, mentres que Silvia Deiro Barcala encabezou o feminino con Aurora García e María del Pilar Pavón ocupando o segundo e o terceiro posto, respectivamente.
O resto dos gañadores foron: Roi Estévez e Nerea Fernández (ata 8 anos); Josua Rodríguez e María Fernández (de 9 a 13 anos); Adán García e Irene Blanco (14 a 19); Juan José Amohedo e Arosa Lubiáns (20 a 30); Evaristo García e Mar Parracho (31 a 38); Benigno Freire e Mercedes Piñeiro (39 a 45); José Álvarez e María José Cacabelos (46 a 55); e Jacobo Buján e Pilar González (de 56 anos en adiante).
Ao termo da entrega de trofeos a organización homenaxeou o ciclista vilagarcián do Karpin Galicia, Gustavo César Veloso, ao que lle entregou un vídeo resumo da súa carreira deportiva.

LA VOZ DE GALICIA, 03/06/08

I TROFEO DE DARDOS CONCELLO DE PONTECESURES ESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA

darts.jpg

As datas definitivas son: Sábado 7 e Domingo 8 de Xuño.

Lugar: Polideportivo municipal de Pontecesures.

Horarios:

 Sábado 7 de Xuño as 18.00h fináis de equipos mixtos – As 21.00 h Fináis de equipos femininos.

Domingo 8 de Xuño as 18.00h final individual mixto – 20.00h Entrega de trofeos.

Inscripción de Valde, Partidas de Valde, 24 máquinas, máis de 150 trofeos (expostos en caixanova), aproximadamente 50 equipos participantes e sorteo dunha cámara dixital e un mp3 entre os asistentes.

Patrocinadores: Concello de Pontecesures, Caixanova, Electrónica Couselo, Diario de Arousa, Trofeos Grevila, Construcciones Martínez Castro, Churrería La Cesureña,Radio Valga e Café Bar Choco.

Organiza: Asociación Cultural San Roque de Porto.