NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES
Con gran sorpresa e indignación coñecimos a nova de que o voceiro do BNG e ex alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, realizou xestións na Consellería de Industria, dirixida por un concelleiro nacionalista, para que NON se concedera por parte da administración autonómica o envío, o pasado día 6 de abril. dunha unidade móbil para que os vehículos de máis de 25 anos pasasen gratuitamente a ITV na «II Feira do Automóbil Antigo», como pretendía a asociación organizadora e o Concello de Pontecesures. Afortunadamente imperou a cordura na Consellería onde fixeron caso omiso dos desexos do ex alcalde, e enviaron a unidade móbil para satisfacción de todos.
? realmente lamentable que Álvarez Angueira utilice as súas influencias para tratar de prexudicar a esta vila, poñendo «paus nas rodas» (nunca mellor dito) á celebración dun evento tan importante. Botou unha man si, pero ó «pescozo». Os cesureños e a opinión pública en xeral deben coñecer estas actitudes dun ex alcalde que amosan un desexo irrefrenable de que todo vaia mal e un nulo interese na defensa dos intereses de todos.
Solicitamos por enésima vez que os órganos superiores do BNG tomen nota desta actuación inconcibible. Se como voceiro do grupo municipal do BNG, as accións en defensa dos intereses de Pontecesures, van ser como a relatada, esperemos que o ex alcalde abandone a corporación canto antes.
Luis Angel Sabariz Rolán
Alfonso Diz Villar