La Asociación para o Desenvolvemento Rural Ulla-Umia organiza en el concello de Vilagarcía el ??I Seminario de Técnicas de Busca de Emprego e Ferramentas para o autoemprego para mulleres desempregadas.
Concello
Do 1 de abril ó 2 de xuño estará aberto o prazo para pagar o Imposto de Vehículos de Pontecesures.
O ORAL da Deputación Provincial de Pontevedra ven de publicar un anuncio sobre o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) 2008.
O Padrón de dito imposto será exposto no Concello de Pontecesures ó público do 1 ó 19 de abril, e dende o 20 de abril ó 21 de maio poderanse presentar as reclamacións que se estimen oportunas ante o propio ORAL.
Cultura
ESTE XOVES 27 DE MARZO,PALCO DE ESTRELAS CO CANTANTE GERSON GALVÁN
O vindeiro xoves 27 de marzo,no programa das orquestras galegas «Palco de Estrelas» que produce e presenta Daniel Seijas en Radio Valga 107.4 FM,contará coa presencia do gran artísta canario Gerson Galván,actual vocalista da orquestra «Gran Parada» de Rianxo.Virá a presentar o seu último disco en solitario,grabado na República Dominicana. Gersón Galván é ademais compositor (compuso para discos de «Armonia Show») e foi ademais locutor e presentador de radio e televisión.Con este xa son 15 discos grabados por el.
Educación
O día 29 de marzo sae a excursión a Andorra dos alumnos/as de 3º e 4º da ESO do CPI Pontecesures.
O sábado día 29 de marzo sae para Andorra unha excursión de 28 alumnos/as do CPI Pontecesures. A viaxe será en autocar e o regreso está previsto para o día 5 de abril.
¿Que ver?
O grupo «Algueirada» actúa mañá na Pascoa de Padrón.
Mañá día 24 de marzo, Luns de Pascoa, sobre as 12:15 horas actuará este grupo folclórico cesureño na Praza de Macías de Padrón. A actuación está incluída no programa festivo da Pascoa 2008.
Concello
Programa de Turismo Social 2008 en Pontecesures.
Esta aberto o prazo parta inscribirse neste programa da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social, dirixido a persoas maiores de 65 anos, pensionistas maiores de 60 e os seus cónxuxes.
As modalidades que se ofertan a través deste programa son:
-Termalismo: Nos Balnearios de O Carballiño, Carballo, Cuntis, Lugo, Baños de Brea, río Pambre, Baños de Molgas, Lobios, Laias Caldaría e Caldelas de Tui.
-Turismo de intercambio: Portugal (Esposende), 8 días, 185 ?.
O prazo de inscrición remata o 11 de abril.
Haberá máis información no Servizo Social de Atención Primaria de Pontecesures, ol luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.