Do 1 de abril ó 2 de xuño estará aberto o prazo para pagar o Imposto de Vehículos de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O ORAL da Deputación Provincial de Pontevedra ven de publicar un anuncio sobre o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) 2008.

O Padrón de dito imposto será exposto no Concello de Pontecesures ó público do 1 ó 19 de abril, e dende o 20 de abril ó 21 de maio poderanse presentar as reclamacións que se estimen oportunas ante o propio ORAL.

Dende o 1 de abril ata o 2 de xuño estará aberto o prazo para o pago en voluntaria. Os recibos serán enviados por correo ordinario ó domicilio declarado polo contribuínte.

Os suxeitos pasivos que o 15 de maio non tivesen recibido nos seus domicilios os recibos débenos solicitar na oficina do ORAL en Caldas de Reis (tfno.: 986-530001), posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento nin impide a utilización da vía de prema.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.