Está abierto el plazo de inscripción hasta el 28 de marzo. Más información en el Servizo de Formación, Orientación e Emprego de Valga o en el Instituto de Formación das Ciencias Humanas e Sociais (986-556769).
Concello
Doazóns de sangue en Pontecesures.
O luns 24 de marzo haberá unha unidade móbil para a doazón de sangue na rúa San Lois (ó carón do monumento ás feiras do automóbil).
O horario para as extraccións será de 10 a 14 horas, e de 16 a 21 horas.
O teléfono gratuito de información é o 900-100828 http://ctg.sergas.es
Concello
Encargados máis discos para a zona azul.
Logo de esgotarse hai tempo os primeiros 2.000 discos, foron encargados 1.250 máis cuxo custo vai ser afrontado por Caixanova e polo Concello de Pontecesures.
Os discos van estar nas oficinas da Casa do Concello nos primeiros días de abril.
Sociedade
Houbo bastante xente hoxe nas procesións de Pontecesures
Ás dúas procesións de Venres Santo saíron ás 11 horas, e a primeira en chegar á Plazuela foi a da Virxe das Dores que viña da Praza dos Valeiros de Porto.
A que portaba a imaxe de Xesús coa cruz a costas, que saiu de Carreiras, chegou á Plazuela ás 11:50 horas, logo de que perante o percorrido houbera varias paradas nas que o párroco Arturo Lores daba letura as pasaxes biblicas sobre a paixón de Cristo.
Despois do encontro e unha vez que tivo lugar a interpretación dunha peza por parte do Coro da Barcarola, o pai Isorna, dende o balcón do Tele Bar, pronunciou o Sermón das Sete Palabras baseado nas expresión de Xesús na cruz.
Unha vez rematado o sermón e a actuación do coro, e coas imaxes e os asistentes xa na Igrexa, o párroco agradeceu ás Comisións de Festas de Porto e de Carreiras (os costaleiros foron membros de ámbolos dous colectivos), ó pai Isorna, e ó Coro de A Barcarola a colaboración nos actos, mostrándose satisfeito pola presenza dos numerosos asistentes.




Deportes
Meta volante diante da Casa do Concello na Clásica de Pascoa 2008.
O sábado 29 de marzo ás 16 horas darase a saída en Padrón á XLVI edición da Carreira Ciclista Clásica de Pascoa onde participarán uns 150 ciclistas de toda España. O paso polo municipio de Pontecesures está previsto para as 17,30 horas e será instalada unha meta volante nas inmediacións da Casa do Concello.