La familia de Luis Ramiro Costas celebrará un funeral en su honor en Pontecesures.

Aunque los restos mortales de Luis Ramiro Costas (el vecino de Vigo residente en Pontecesures cuyo cadáver apareció ahogado hace unos días en el Ulla) ya fueron incinerados en Vigo, su familia tiene previsto celebrar un funeral en Pontecesures, donde el fallecido llevaba unos años viviendo. Será el sábado a la una de la tarde, y en él podrán los cesureños despedir a este vecino de la localidad al que las fuerzas del orden buscaron durante una semana, desde que se denunció su desaparición hasta que apareció el cadáver.

LA VOZ DE GALICIA, 11/03/08

O mércores teatro de nenos no Centro Social.

O mércores día 12 de marzo, ás 19,30 horas, haberá unha representación teatral no Centro Social por parte dos nenos/as da actividade extraescolar de teatro da ANPA do CPI Pontecesures dirixidos polo monitor Alfonso.
Representaranse catro obras cortiñas:
-A galiña peteireira
-A ratiña presumida
-Fafarraios
-O pirata metepatas
Dende este medio fago un chamamento ós veciños para que acudan a esta representación dun grupo de cativos/as cesureño que o fan realmente ben.

XXXIX Campeonato de España de Invierno: Grandes éxitos para o Clube Náutico Pontecesures

Este pasado domingo celebrose o «XXXIX Campeonato de España de Invierno» en Sevilla onde os rapaces do Clube Náutico de Pontecesures acadaron uns magníficos resultados gracias ó seu traballo e constancia.

dsc_7649.jpg
André Oliveira recibe a medalla de mans de David Cal

Clasificatoria 2000 metros – Home Cadete C-1:

* 1º Alvaro Loureiro
* 37º Iván Pesado

Clasificatoria 2000 metros – Home Xuvenil C-1:

* 3º André Oliveira.
* 26º Pablo Riaño.

Final 5.000 metros Home Cadete C-1:

* 2º Alvaro Loureiro: Foi de primeiro, e cunha grande ventaxe dende o comezo, e a poucos metros da meta sufriu unha complicación dixestiva a causa do desaiuno, como puido chegou acadando o subcampionato.
* 30º Iván Pesado.

Final 5.000 metros Home Xuvenil C-1:

* 3º André Oliveira.
* 21º Pablo Riaño.

Na clasificación xeral por puntos, e con 286 puntos, no 26º posto de clubes: o Clube Náutico Pontecesures.

A Comisión de Facenda deixa pendente o convenio do campo de fútbol ata aclarar o financiamento bianual.

No día de hoxe tivo lugar unha sesión do Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio e Contratación para analizar o convenio a asinar coa Deputación Provincial de Pontevedra sobre a instalación de herba artificial no Campo de Fútbol «Ramón Diéguez».
? advertirse unha contradicción entre o texto primitivo enviado polo organismo provincial (o financiamento da achega municipal dividiase en 23.000 ? en 2008, e 69.000 ? en 2009) e o segundo (46.000 ? en cada una das dúas anualidades), acordouse, por unanimidade, deixar sobre a mesa o asunto e clarexar este tema coa Deputación Provincial para celebrar unha nova comisión de inmediato, co fin de dictaminar a proposta do equipo de goberno. Tamén se vai a solicitar unha maior concreción das obrigas do concello.
A contradicción foi salientada polo concelleiro nacionalista Xosé A. Baliñas, e Luis Sabariz foi o que solicitou que o asunto quedase pendente para aclarar este tema.
Os asistentes foron a alacaldesa, Xosé A. Baliñas (BNG), Arturo Ferro (BNG), Javier Quintá (PP) e Luis Sabariz (non adscrito).