A Comisión de Facenda deixa pendente o convenio do campo de fútbol ata aclarar o financiamento bianual.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe tivo lugar unha sesión do Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio e Contratación para analizar o convenio a asinar coa Deputación Provincial de Pontevedra sobre a instalación de herba artificial no Campo de Fútbol «Ramón Diéguez».
? advertirse unha contradicción entre o texto primitivo enviado polo organismo provincial (o financiamento da achega municipal dividiase en 23.000 ? en 2008, e 69.000 ? en 2009) e o segundo (46.000 ? en cada una das dúas anualidades), acordouse, por unanimidade, deixar sobre a mesa o asunto e clarexar este tema coa Deputación Provincial para celebrar unha nova comisión de inmediato, co fin de dictaminar a proposta do equipo de goberno. Tamén se vai a solicitar unha maior concreción das obrigas do concello.
A contradicción foi salientada polo concelleiro nacionalista Xosé A. Baliñas, e Luis Sabariz foi o que solicitou que o asunto quedase pendente para aclarar este tema.
Os asistentes foron a alacaldesa, Xosé A. Baliñas (BNG), Arturo Ferro (BNG), Javier Quintá (PP) e Luis Sabariz (non adscrito).

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.